Con este blog darémosvos a coñecer todo o que acontece na nosa aula...
...Para sorrir...
- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)
-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)
-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"...(e con moita lóxica!si, señor!)(18.10.09)
-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)
- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)
-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)
-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)
-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10) -Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)
-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)
-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)
-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)
-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)
-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)
-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20). -Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)
-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)
-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)
Para seguir as andainas destes cativos podedes seguir o blogue da profe Paula, que este ano está con eles: http://trasnosarmenteira.blogspot.com/
Aproveito para presentarvos o meu novo blogue: http://recursosycositas.blogspot.com/ no que compartirei o meu material con todos/as vós desexando que vos sexa de gran utilidade.
A mamá de Carolina, mándounos estas fotos para compartir con tod@s vós! Ademais contounos que o está pasando xenial nas festas, na praia...e tamén un bo susto que levaron pero que por sorte non foi nada. Carolina xa ten ganas de que comece o cole..e os demais? xa tendes ganas??
Agora xa non queda nadiña...eh! Disfrutade do que queda!!!
Ata aquí chegou o noso blogue...Como tod@s sabedes o vindeiro curso xa non estarei no cole, teño un novo destino no que me espera unha nova andaina que espero que sexa tan especial como esta.
Quérevos desexar cativos, o mellor nas vosas vidas. Síntome moi afortunada de formar parte delas e espero deixar en vós unha pegada como vós a deixades na miña.
Sei que vos deixo en boas mans. Prometo pasar a visitarvos tan pronto poida, pois xa sabedes que é difícil, debido aos horarios similares que temos nos coles.
Familias se queredes compartir algunha foto das vacacións mándadea ao correo e publicareina igualmente.
Disfrutade do que queda de verán!! Moita sorte e moitísimos bicos e apertas!!
Aquí vos deixo algunhas actividades que poden facer os cativos durante as vacacións. pinchade aquí e poderedes descargalas e imprimilas.
Saúdossssssss!!
Hola peques!! que tal o estades pasando?? o tempo non nos deixa disfrutar moito da praia e a piscina pero aínda quedan moitas vacacións!
Algunhas familias dixéronme se lle podía mandar actividades para facer aos nenos/as, díxenlle que lles deixaba material por aquí e dinlles algunhas pautas que si poden facer na casa para que os cativos non se olviden de todo o que aprenderon no cole, pois foron moitas cousas!!
Entre outras cousas, podedes.... - Establecer unhas normas e por suposto...CUMPLILAS. É moi importante pois así os nenos/as van adquirindo condutas de comportamento que lle servirán moito no seu desenvolvemento. Por iso podedes acordar con eles unhas normas e poñer unha sanción se non se cumpren e un reforzo se así o fan... -É importante tamén que os nenos/as teñan unhas rutinas diarias. No inverno, durante o curso é máis sinxelo e está todo máis controlado pero no verán.... -Fomentar nos nenos/as a súa autonomía (comer, asearse, vestirse...) e propoñédelle algunha responsabilidade. -Podedes xogar con eles recordando letras, números e outros conceptos traballados no cole. -Motivalos para que coloreen, recorten...nestes días de choiva. -Ler contos.
E moitísimas cousas máis que se vos poidan ocorrer..ESO SI!! É IMPORTANTE non atosigar ao cativo facendo cadernos ou actividades, recordade que XOGANDO TAMÉN SE APRENDE. E que sobretodo teñen que XOGAR E DESCANSAR!!
No meu PICASA (tendes o enlace na marxe dereita) podedes descargar algunha actividade para que fagan ou tamén vos irei deixando enlaces ...hoxe deixovos...UN BINGO DE LETRAS que lles encanta. Clicade e xa vos leva a páxina onde podedes descargalo, imprimilo, plastificalo ou non...e xogar toda a familia!!
Seguide disfrutando!!!
un bico moi forteeeeeeeeeeeee!! muaaaaaaaaaaaaaaaak!!
No festival de fin de curso bailamos "Bugui bugui" interpretada polo Cantajuego, claro que nós...fixémolo moito mellor!! Non credes???
Pero isto non foi todo....tamén cantamos e bailamos o "Cucut" e a Ratiña coa profe Paula que coma sempre organiza unhas actuacións súper bonitas!!!! xa volas iremos ensinando....
Biquiños e a seguir disfrutando peques!!
Hoxe quero agradecer con esta entrada á familia de Carolina o agasallo tan bonito que me fixeron e que irremediablemente cada vez que vexo fai que os meus ollos comecen a brilar...
Trátase dun libro e unha caixiña de madeira elaborados por elas mesmas.
MOITISIMAS GRAZAS! e MOITA SORTE NAS OPOS ANA! (pois ademais de ser unha súper mamá Ana tamén é profe e está preparando as oposicións).
Tende por seguro que nunca vos esquecerei pequechos!!
Non podería describir como me sinto no día de hoxe...triste por deixarvos... afortunada por compartir este tempo con vós...Inqueda por como será o novo destino...
Só teño unha palabra para vós: GRAZAS.
-A ti, Aitana, polas túas ocorrencias.
-A ti, Ramón, porque con eses ollos convences a calquera.
-A ti, Alejandro, porque o que parecía ser un pequeno trasniño resultou ser un osiño amoroso.
-A ti, Irene, porque detrás dese tímido sorriso, atópase unha pequena aventureira.
-A ti, Tania, porque ademais de nervio hai calma.
-A ti, Iria, pola túa sensibilidade.
-A ti, Lorena, porque eres a miña "cabuxiña".
-A ti, Sara, pola túa dureza e madurez.
-A ti, Carolina, porque detrás de esas rabietas, hai un encanto de nena.
-A ti, Paloma, por alegrarnos coas túas cancións.
-A ti, Alba, pola túa calma e fantasía.
Por todo isto, é por todo o que vivín con vós. XAMAIS os esquecerei.
E tamén a vós, COMPAÑEIRAS, FAMILIAS E DEMAIS NENOS/AS DO CENTRO, sen os cales o meu traballo non sería o mesmo.
Isto non é un ADEUS, é un ATA SEMPRE.
Os nenos terán que vir con CAMISETA BRANCA e PANTALÓN VAQUERO (curto se teñen) con ZAPATILLAS/ZAPATOS BRANCOS.
As nenas tamén terán que traer CAMISETA BRANCA e FALDA (a falda ímola cambiar así que non importa como sexa) e BAILARINAS/ZAPATILLAS/SANDALIAS/ZAPATOS BRANCOS.
O festival é o mércores ás 11.30 horas!! NON FALTEDES!!
...os máis pequechos do cole CEIP Armenteira. Somos unha clase de 12 nenos e nenas de 3 e 4 anos. Pero...non estamos sós...na clase habita un trasniño máxico que aínda que non vemos...faise notar...Xa vos iremos contando xa...