Estadelo pasando moi ben e xogando un montón?? seguro que si!! Que tal se portou Papa Noel?? xa me contaredes á volta das vacacións a ver que tal. Ou os papis e as mamis que se animen a escribir no blogue cos pequechos, seguro que eles teñen mil cousas que contarnos xa!!
Aproveito para deixarvos uns modelos de carta para os Reis por se aínda non lle escribichedes...Pero recordade pedirlle poucas cousiñas para que todos os nenos/as teñan algo...que sodes moitos!!!
un biquiño e a seguir disfrutando das vacacións!!!!!
27 de diciembre de 2010
22 de diciembre de 2010
Rematamos o trimestre!
Estes días estivemos moi atarefados acabando traballiños, ensaiando, adornando o cole...
Todos os traballiños os levamos na carpeta que tamén fixemos nós e que así nos quedou:
E aquí temos a Carolina que nos ensina ao Reno Rodolfo que fixeron coa profe Mª José.
Deixámosvos tamén un libriño no que traballamos as tradicións desta época do ano e ata buscamos como felicitar o nadal en diferentes idiomas!!
Pero que ben o fixemos!!
Pero que ben o fixeron estes pequechos! no festival de Nadal!! Bueno..os máis pequechos e todos/as os demais...SON UNS ARTISTAS!
Tivemos dende magníficos actores ata nenos cantores, fantásticos humorístas e auténticos bailaríns!!
Logo de actuar (nós na nosa obra na que nos convertemos en estreliñas e na panxoliña que preparamos coa profe Paula) visitounos PAPÁ NOEL, si si!! así como o ledes!! nós demoslle a carta que lle preparamos onte pero como xa sabe que nós, case sempre nos portamos ben trouxounos un agasallo..MOITAS GRAZAS!! os peques quedaron alucinados!!
E por se fora pouco rematamos o día degustando un quentiño chocolate!! Grazas a AMPA pola súa colaboración! e a todos/as os que nos viñechedes a ver neste día tan especial!
Aos papis que non puideron por motivos de traballo que non se preocupen temos milleiros de fotos e algún video!! (Se alguén quere compartir as súas fotos do festival só ten que mandárnolas ao noso correo pequesarmenteira@hotmail.com, e estaremos encantados de subilas)
De momento deixámosvos estas:
Boas vacacións peques!!

21 de diciembre de 2010
oS PeQuEs Da ArMeNtEiRa....
Deséxanvos a vós: familias, profes, compañeiros/as e a todos/as aqueles que nos visitades, nos seguides e participades neste blogue unhas moi FELICES FESTAS en compañía dos vosos seres máis queridos.
BO NADAL E FELIZ 2011!
BO NADAL E FELIZ 2011!
17 de diciembre de 2010
A boliña que faltaba..
de Lorena chegou hoxe ao cole!! Decorouna coa axuda da súa mamá e do seu papá dunha maneira moi orixinal.
mirade que chuli lles quedou!
Grazas de novo a todas as familias, como sabedes a vosa colaboración é fundamental nesta etapa educativa!!!
un bicoooooooooo!!
mirade que chuli lles quedou!
Grazas de novo a todas as familias, como sabedes a vosa colaboración é fundamental nesta etapa educativa!!!
un bicoooooooooo!!
16 de diciembre de 2010
Como traballamos!
Estamos que non paramos!
Acabando portadas e libriños, ensaiando as actuacións!! e é que xa non queda nada para rematar este 1º trimestre e andamos todos a cen por hora!!
Acabando portadas e libriños, ensaiando as actuacións!! e é que xa non queda nada para rematar este 1º trimestre e andamos todos a cen por hora!!
Era Rodolfo el reno...
que tenía la nariz!! Roja como una grana!! y un brillo singular!!
Esta é a canción coa que nos deleitan os peques nos últimos días (bueno, ésta e a panxoliña que están traballando coa profe Paula para o festival, que por certo lles sale xenial pero que non vola ensinaremos ata o día...pois é unha sorpresa!!!!)
A canción de Rodolfo ensinoulla a profe Mª José e a eles encántalle! tanto que todos os días a piden. Hoxe puxemos a versión marchosa no ordenador, pintamos a nariz como Rodolfo e pasámolo xenial! Bailaron, cantaron,miraron o video que tanto lles gusta... non vos extrañedes se só nos vedes a 6! E que hoxe faltaron moitos compis!

15 de diciembre de 2010
Para sorprender aos peques!
Se queredes que os Reis Magos ou Papá Noel lle mande unha mensaxe personalizada pulsa aquí. Se llo facedes aos peques quedarán abraiados seguro!!É moi sinxeliño e seguro que lles encanta!! Animádevos e contádenos que tal !! ;)
un biquiño!!
un biquiño!!
Como nos sentimos?
Enfadados, alegres, tristes, sorprendidos...!?!?!?
Hoxe no cole comezamos a traballar os diferentes estados de ánimo e fixémolo como é habitual na aula de infantil...cun xogo!
A profe ensinábanos unha tarxeta co debuxo dunha cara e nós tiñamos que adiviñar como se sentía ese neno ou esa nena. Pero o máis divertido foi imitalos...
Pouco a pouco seremos capaces de expresar como nos sentimos...pero para iso antes, temos que recoñecer eses diferentes estados...
Á volta das vacacións engadiremos unha rutina moi relacionada con isto...xa vola contaremos!!
De momento deixámosvos unhas fotiños deste ratiño tan divertido!

14 de diciembre de 2010
O pitiño branco
A comezo de curso, durante o período de adaptación, os gatiños estiveron traballando a poesía do Pitiño Branco de Azucena Arias (recollido no libro editado pola Xunta de Galicia). Primeiro coñecemos ao Pitiño Branco, que é este monicreque.
Logo fixemos o noso propio pitiño cun globo e durante os seguintes días fixemos o noso propio libro (idea que collemos prestada dos Pequerrechos de Bea). Este é o resultado!
Sorpresa!
Hoxe estivemos facendo unha manualidade para a carpeta dos traballos deste trimestre, de momento é sorpresa....pero xa volo ensinaremos....
Ademais tamén comezamos a ensaiar a actuación do festival de Nadal cos nenos e nenas da clase de 5 anos. E tamén unha sorpresa, pero adiantámosvos que ese día brillaremos aínda máis do habitual... :)
Esperamos a vosa presencia neste festival, que celebraremos o vindeiro mércores e recordámosvos que os nenos/as teñen que vir vestidos de branco.
De momento non vos contamos máis........

13 de diciembre de 2010
Cousiñas de Nadal...
Para iso empregamos un filtro de café, cordón, boliñas, cartolina, purpurina...
Primeiro pintámola e botámoslle cola con purpurina verde, logo fixemos boliñas de plastilina de diferentes cores.
Pero que chulis!
Están quedando as bolas de Nadal que levaron para casa os nenos para decorar coas familias. Empregaron diferentes materiais: botóns, pasta, purpurina, plastilina,.... e os resultados son fantásticos!! E senón mirade, mirade...
MIL GRAZAS FAMILIAS!!
MIL GRAZAS FAMILIAS!!
11 de diciembre de 2010
...Unha doce sorpresa na caixa máxica...
A semana pasada na caixa máxina o trasniño deixounos algo que ao principio e polo tacto pareceunos un conto! A nosa sorpresa foi cando descubrimos que era..un quebracabezas dicía algún pequecho? a profe explicoulles que se trataba dun calendario de Nadal e que era moi especial porque debaixo de cada día, ábrese unha ventá que esconde unha sorpresiña de chocolate que tomará o encargado/a do día...
Ademais serviranos para contar os días que faltan para chegar ao Nadal.

O día 1 foi Alba a encargada polo que saboreou moi ricamente a súa chocolatina...
...a CoR aZuL...
Logo de presentar o cartel desta cor, buscamos pola clase obxectos que foran azuis, descubrimos que tamén nesta cor existen diferentes tonos, azul escuro, azul claro... e logo fixemos a páxina para o Libro das Cores.
Esta vez tratábase dunha balea, coloreámola con ceras blandas, botámoslle cola con purpurina azul e puxémoslle un olliño, ademais de repasar as súas letras, pegar gomets azuis....
6 de diciembre de 2010
Magosto
Anímovos a que entredes no blog do cole, pois as profes xa colgaron as fotos do Magosto, no que tanto peques como maiores o pasamos xenial!!
Primeiro xogamos a un montón de xogos tradicionais: a mariola, carreira de sacos, bolos, castañas no cú ou en cuchara, .... e logo degustamos unhas castañas riquísimas que asou a profe Alba coa axuda dos máis maiores.
Mirade as fotos para xulgalo vós mesmos... http://ceiparmenteira.wordpress.com/

3 de diciembre de 2010
Menudo día!!
Hoxe foi un día un tanto "especial" debido a gran capa de xeo que cubría á estrada que leva ao cole. Tan só 4 profes fomos capaces de chegar, saídas da estrada, retencións nas autopistas,..por uns motivos ou outros houbo profes que non deron chegado. Tamén foron moitos os nenos/as que polas mesmas razóns non viñeron ao cole, por iso e como eramos pouquiños xuntámonos todos para xogar, ver unha peli e facer algunha manualidade de Nadal.
Así pasamos a xornada de hoxe!! Disfrutade moito da ponte e recordade que non volvemos ao cole ata o xoves 9 de Decembro. E moita precaución aos que ides viaxar!
MOITAS GRAZAS A TOD@S NOS QUE NESTES DÍAS CAÓTICOS PRESTADES A VOSA AXUDA!!

BOLAS DE NADAL
o o que teñamos á man: botóns, lás, cordóns, papeis, pasta, elementos naturais...O QUE SE NOS OCORRA!
Logo expoñeremos todas as bolas de todos/as os nenos e nenas do cole, seguro que quedan preciosas!!
Xa vos ensinaremos o resultado....
Logo expoñeremos todas as bolas de todos/as os nenos e nenas do cole, seguro que quedan preciosas!!
Xa vos ensinaremos o resultado....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)