...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

14 de octubre de 2010

Felicidades!

Onte e hoxe foron días de celebracións. Tania cumpriu 4 aniños e Irene 3. As dúas decoraron ao seu gusto a súa coroa de anfitrona que luciron orgullosas. Cantámoslle varias cancións de cumpreanos e fixémoslle unha tarxeta-agasallo entre tod@s. Ademais elas trouxéronnos chuches!!
 













9 de octubre de 2010

Cantas cousiñas..

Xa temos moita información para comezar a traballar. De novo, agradezo a colaboración das familias, grazas a elas mirade que cheíño temos o noso recanto do proxecto..
Ademais, Eva, a mamá de Lorena mandounos un agasallo a cada gatiño e cada tartaruga: un cepillo de dentes e un botiño de pasta! Co fin de concienciar aos nenos/as cara un bo coidado bucodental!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

7 de octubre de 2010

Grazas familias!

Por mandar xa algúns materiais para traballar o noso proxecto! Calquera cousa que credes que poida servir, non dubidedes en mandalo!
un saúdo!!

A cor amarela...

Logo de sacar a idea do blog dunha compañeira decidín facer un libro de cores. Aínda que no cole estamos continuamente traballándoas de maneira "inconsciente", esta semana tocoulle á cor amarela. Xogamos ao "vexo-vexo", recolectamos cousas de cor amarela e fixemos a páxina desta cor. Hoxe acabamos a actividade pegando no cascarón do poliño cáscaras de ovo de verdade!

6 de octubre de 2010

Para mover o esquelete...

Deixovos a canción que bailamos hoxe. Aos peques encantoulles!

Quedamos abraiados!

Hoxe na clase apareceu unha caixa máxica!! si, si! así como volo digo! Bueno, algúns xa a viron onte cando acompañaron aos papis á reunión pero desconfiamos de que fóra o trasniño máxico onte ao saír nós...
Esta caixa ten unha manga para meter a man o que nos permite tocar o que ten dentro antes de abrila e de ver o que hai dentro, e claro...todos probamos a ver que sentiamos!! todos os gatiños e todas as tartarugas meteron a man e coincidiron en que tocaban un papel, agás 1 ou 2 que tocaron tamén un libro e ata unha cuna lle pareceu sentir a Ramón!!
E efectivamente, ningún ía mal encamiñado, cando Alejandro, que era o encargado do día abriu a caixa alí estaban: un conto dos Bolechas, un póster dun esquelete, un depresor dos que teñen os médicos para ver a gorxa e unha venda!
Agora si que xa temos cousas para ir investigando...

5 de octubre de 2010

que sabemos do corpo? e da saúde e as enfermidades?

Logo da carta do trasniño, na asemblea falamos de todo isto....

PROFE: que sabedes das enfermidades?
SARA: é a varicela
ALEJANDRO: meu irmán tiña varicela e quedou na casa un día
PALOMA: hai que comer patatas, carne...
PROFE: comer iso é bo?
CAROLINA: si, lechuga..
PALOMA: ensalada, aceitunas
TANIA: xurelos
VARIOS: sopa, polo...
IVÁN: tamén ovo cocido
PROFE: cando estamos enfermos onde hai que ir?
VARIOS: ao médico
CAROLINA: eu un día chorín porque me puxeron unha pincha
VARIOS: si e por que?
CAROLINA: porque estaba maliña
SARA: un día doiame a barriga e tiven que ir ao médico
ALEJANDRO: Borja un día tivo varicela eu quedei con papi
LORENA: eu un día estiven un pouco enferma.
CAROLINA: mami tiña un bebé e tiña cordón umbilical e puxéronlle unha tirita porque lle cortaron
PROFE: que é o cordón umbilical?
ALGUÉN: unha pulsera
CAROLINA: sale polo embigo
PROFE: e do corpo? que sabedes?
IRIA: temos nariz
ALGUÉN: temos corpo
SARA: huesos
CAROLINA: corazón
...
....
.......
Como vedes sabemos moitas cousas pero tamén temos moitas curiosidades, ideas mesturadas, e moitas cousas máis que imos a aprender!
estade atent@s.....

Comezamos un proxecto...

Onte o trasniño máxico que visita a nosa clase de cando en vez...deixounos unha carta!
Unha carta na que nos contaba a súa preocupación pola saúde. Nela cóntanos que el é moi larpeiro e que lle encantan as chucherías pero que no bosque dos trasnos onde habita dinlle que iso de comer tantas lambetadas non é bo...Nós, as tartarugas e os gatiños, estamos dispostos a axudarlle e por iso faremos unha investigación sobre o noso corpo e as enfermidades....Seguro que aprendemos moitísimas cousas e poderemos informar ao trasniño do que é bo e do que é malo para a súa saúde.

4 de octubre de 2010

O NOSO HORARIO

  • LUNS: Inglés e Psicomotricidade.
  • MARTES: Psicomotricidade, Relixión e Inglés.
  • MÉRCORES: Estimulación da linguaxe
  • XOVES: Música
  • VENRES: Inglés

As profes que nos dan estas especialidades son:

  • INGLÉS: Profe Gloria
  • PSICOMOTRICIDADE: Profe Alba
  • MÚSICA: Profe Paula
  • RELIXIÓN:Profe Mª José
  • ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE: Profe Sagrario

3 de octubre de 2010

REUNIÓN COS PAIS

Recordade que o será o martes 5 de outubro ás 17.00h. Esperámosvos, pois nela explicaremos o funcionamento do curso e responderemos a todas as vosas dúbidas!!