...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

27 de febrero de 2011

Facendo malabares..

O venres a profe propúxonos converternos en auténticos malabaristas a nós encantounos a idea só que...non tiñamos o material axeitado!
Polo que coa axuda da profe decidimos facer as nosas propias pelotas de malabarista. Para iso só nos fixo falta globos, arroz e a metade dunha botella de plástico para facer de embudo.
Fomos un por un enchendo o globo con arroz, a profe atabao e tapaba o nudo coa metade doutro globo e..
mirade que chulis nos quedaron!



 
Logo xogamos con elas na clase, era moi difícil lanzalas e collelas e xa non vos contamos con dúas á vez....pasámolo xenial! Eso si...a nosa clase quedou...cheiña de grans!!

24 de febrero de 2011

A cor morada...

Hoxe coñecimos a cor morada. Estivemos buscando cousas desta cor e ademais chegamos a conclusión de que algúns lle chamamos de diferentes formas, xurdindo así un novo interrogante: é igual morado que violeta, púrpura, malva, lila? algúns opinan que sí, outros pola contra defenden que de iso nada e teñen moi claro cal é o lila e cal o violeta...
Buscamos cousas desta cor, colacamos o cartel coas demais cores e fixemos a páxina do libro de cores. Nesta ocasión decoramos UVAS, repasamos con rotulador, colorearmos con cera, pegamos pegatinas e logo fixemos boliñas de papel de seda morado para pegarlle encima das uvas...

23 de febrero de 2011

uns leóns moi feroces!

Hoxe no cole estivemos investigando no recanto do circo os animais que hai nel, xa o comentamos varias veces e sabemos que hai cabalos, elefantes, tigres, focas, cans...a profe propúxonos convertirnos en leóns por un intre..
Por un momento parecía que estabamos no circo de verdade con tanto ruxido...
que medooooooo!!


22 de febrero de 2011

Que pasaría se...fosemos invisibles?

O mércores pasado na rutina de "Que pasaría se...?" imaxinamos que eramos invisibles e estas foron as respostas...
Tania: Poderíamos chocar.
Carolina: como o trasniño máxico.
Aitana: si no veíamos nos pisaban
Lorena: estabamos andando por debaixo da terra..
Tania: poderíamos chocar con alguien.
Sara: yo le regalaría algo a un neno.
Lorena: e que lle regalarías?
Sara: unha caixa máxica.
Aitana: y yo le regalaría un regalo de peluche.
Alejandro: eu un regalo de Papá noel.
Lorena: cando durmin soñei co trasniño máxico.
Tania: poderíamos estouparlle un globo a un neno.
Tania: Mami e papi non nos verían. E non nos poderían facer a comida.
Ramón: os nosos papás non nos vían.
Sara: tú nos pisabas.
Profe: claro! poderíavos pisar porque non vós vexo.
Lorena: poderiamos comer unha tarta gigante.
Aitana: y nos manchabamos los bigotes.
Lorena: e teríamos calor...
Carolina: co sol!
Tania: poderíamos beber e ninguén nos verían.
Paloma: non podíamos abrir a porta, entramos sin abrir a porta e xa está a xunto os nosos irmáns.
Sara: un invisible pode pasar pola pared!
Tania: poderíamos pasar a porta coa man. E tamén ventanas.

17 de febrero de 2011

Temos novidades..

O encargado de cada día levará unha medalla de identificación, pero ademais... terá axudante! xa que ás veces, o encargado ten tantas cousas que facer, por exemplo á hora de repartir material, que non da feito, por iso a partir de agora logo de facer as súas rutinas iniciais escollerá un axudante que tamén levará a medalla identificativa como tal.
Onte a encargada foi Iria e escolleu a Sara como axudante..mirade como posan orgullosas dos seus cargos..

Outra pequena novidade é que cambiamos as etiquetas das tartarugas. Antes aparecían o seu nome e a súa foto pero como isto xa o teñen máis que requetedominado a profe fixo outras novas co nome e os apelidos e agora en todos os seus traballos o escriben.

16 de febrero de 2011

Que andamos a facer?

Pois  estamos metidos de cheo no mundo da ilusión e da fantasía!
 Cada día está máis cheo o recanto do circo: peluches, contos, títeres, colares, cds, debuxos...un montón de cousas coas que estamos aprendendo. Hoxe todos probamos a nariz de pallaso, pois aproveitamos calquera momento para ir correndo a poñela, hoxe sacamos unha foto cada un e tamén nos inventamos un nome de pallaso.

 
Fixemos unha actividade do mago para o noso libro do circo e... ata maxia!
Picamos unha chistera, escribimos as palabras máxicas, botamos uns polviños máxicos e ta-chán! apareceu un coello dentro!!
 

Tamén escoitamos o cd de Miliki que nos trouxo Ramón e cantamos a canción do circo que aprendimos coa profe Paula.
Había una vez...... un circo, que alegraba siempre el corazón...lleno de color..un mundo de ilusión...

Cousiñas que non vos contamos...

Entre unhas cousas e outras quedaron cousiñas sen vos ensinar, pero como se soe dicir máis vale tarde que nunca! Aquí vos deixo como quedou a nosa decoración invernal, como estivemos traballando esta estación quixemos darlle un toque ao noso corredor que aínda que estaba moi chuli decorado do ano pasado eran motivos primaverais e con este tempo que temos non pegaba moito. Por iso decidimos facer unha decoración cuns personaxes que si que están acostumados ao frío, como son as focas e os pinguíns, a profe debuxounas e nós puxemos a cor...


Tamén traballamos a cor laranxa, como coas demais cores, buscamos obxectos desta cor, pegamos o cartel do laranxa e fixemos a páxina do libro de cores. Esta vez tratábase dun globo que decoramos con plasti e logo cola para que non se desfaga.Aquí vós deixamos o resultado.

14 de febrero de 2011

Arte invernal...con xices!

Fai uns días fixemos un cadro pero como non estamos acostumados, pois fixémolo con xices, e como estabamos traballando o inverno e sabemos que nalgúns lugares neva debuxamos cadanseu boneco de neve, logo a profe botoulle laca da que se lle bota ao pelo (por iso cheiraba a peluquería na nosa clase como dixeron as tartarugas) e agora adornan a nosa clase!

13 de febrero de 2011

Onde está a maleta viaxeira?

Pois na casa de Ramón! Nuns días veremos o que nos conta él e a súa familia....

10 de febrero de 2011

Había unha vez...

UN CIRCO!!



Hoxe na caixa máxica a nosa encargada do día, Alba, atopou algo...logo de comprobar todos e comentar do que creíamos que había na caixa...descubrimos que había unha carta do trasniño, unha nariz de pallaso e un conto "Teo vai ao circo".
O trasniño na carta proponos investigar sobre o circo e aproveitarémolo para a temática do Entroido no cole da Armenteira.
Así que, como supoñedes...necesitamos moitas cousas para investigar sobre o circo! que hai, onde viven esas persoas, que animais actúan nun circo...hoxe comprobamos que xa sabemos algunhas cousas...e moitas máis que aprenderemos!!
Grazas de antemán pola vosa axuda!!

Como traballades familias!

Hoxe a maleta viaxeira chegou de casa de Carolina e explicounos moi requeteben a súa páxina. Abriu as portas da súa casa e presentounos aos seus papás Ana e Arturo e tamén aos seus irmáns Irene e Alejandro, ademais de contarnos os debuxos que máis lle gusta e o conto que máis medo lle da!
Noraboa familia!

8 de febrero de 2011

Aventuras viaxeiras...

A nosa maleta viaxeira está que non para, o venres chegou da casa de Iria contándonos moitas cousas sobre ela e a súa familia: que lle encantan os puzzles, que teñen a tradición familiar de tomar mate, e moitas cousas máis. Encantoulle explicarlles aos seus amigos a súa páxina!

O fin de semana a maleta viaxeira estivo en casa de Aitana e tamén nos contou moitas cousas: que lle encantan os cabalos e os cans, presentounos aos seus papás,.....

Hoxe foi a encargada e disfrutou moitísimo contándonos todo isto!
Agora a maleta viaxeira foi a casa de Carolina...xa vos contaremos que tal o pasaron xuntas!



GRACIAS FAMILIAS POLOS MAGNIFICOS TRABALLOS QUE ESTADES FACENDO!

3 de febrero de 2011

R...de Reutilizar!

Xa estamos acabando o noso proxecto e con el estamos aprendendo moitas cousas!
Hoxe fixemos unha actividade de REUTILIZACIÓN.
A mamá de Lorena cando pedimos material para traballar o proxecto trouxonos botes mermeladas, mel, salsa de tomate...e tamén algodón e fabas suxeríndonos que podíamos plantalas. E hoxe...ASÍ O FIXEMOS!
Primeiro decoramos un poquiño cadanseu bote con rotus permanentes e logo cultivamos as legumes...agora toca coidalas e esperar que medren!

2 de febrero de 2011

Que pasaría se...

fosemos xigantes?
Paloma: Poderíamos pisar fuerte.
Tania: Podríamos pisar una rama.
Paloma: E caer.
Alejandro: Caeríamos e levaríamos un golpe.
Lorena: Caeríamos nun charco.
Paloma: Para bañarnos.
Sara: Comeríamos a los demás.
Paloma: Aos pequeñitos.
Iria: Profe, e tamén poden pisar a xente.
Aitana: Que buen truco!!
Carolina: poderíamos pisar una estrella.
Tania: Yo sé otra cosa!
Profe: que pasaría Tania?
Tania: Poderíamos pisar unha casa e un cole!
Carolina: E un edificio!
Algún: e tamén ao inverno..
Profe: pero ao inverno pódese pisar?
Todos: noooooon
Aitana: poderíamos pisar huellas.
Profe: Se fosemos xigantes....onde poderíamos vivir?
Tania: nunha casa moi grande.
Profe: e que pasaría coa roupa? serviríanos esta que levamos posta?
Aitana: No, se la comerían toda.
profe: serviríanos este mandilón?
Varios: no, un máis grande...

....................

1 de febrero de 2011

A primeira viaxe...

Onte volveu ao cole a maleta viaxeira, logo de pasar uns días na casa de Tania, volveu co libro "Nós somos..." un pouquiño máis cheo.
Tania coa axuda da súa familia fixo a súa páxina, e que ben o fixeron!! Onte explicounos que vive cos seus papás, cos seus avós e co seu irmán Dani, tamén sabemos que o seu can se chama Pancho (como o da lotería díxonos Alba) e que o que máis lle gusta é ver a tele e ir a praia, pero que non lle gusta nada recoller os xoguetes...
Agora xa coñecemos a Tania un pouquiño máis!!
Parabén familia por este bonito traballo!!