...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

30 de marzo de 2011

os nosos adornos primaverais..

Fai uns días contámosvos que pintaramos con bastonciños de limpar os oídos pero a profe despistouse e non vos ensinamos como de bonitos e coloridos quedaron estes cadros primaverais que agora adornan o noso corredor. Primeiro pintamos as flores, e logo picamos e decoramos con gomets unha pequena bolboreta, pegámola no cadro, puxémoslle unhas anteniñas de limpapipas e así nos quedaron...




Tamén fixemos unhas flores primaverais con platos de plástico. E como  o fixemos?? moi fácil!! a profe deunos unha círculo onde cada un debuxou un debuxo da primavera, flores, bolboretas... Logo pegámolos nos platos, cortamos os pétalos e puxémoslle un rabiño que previamente pintamos e por suposto unha folliña. Logo a profe fixo as herbas con platos verdes e colgou todo no corredor para darlle un aire primaveral.

Pero...isto non é todo!!  Nesta época do ano non poden faltar os insectos e bichiños que saen a pasear..polo que tamén fixemos unhas simpáticas bolboretas cos botes dos iogures bebibles e para iso empregamos ademais boliñas de porespán, ollos, cartolina, papel charon, pintura, gomets e alambre para as anteniñas...
Agora o noso corredor parece un auténtico campo primaveral!!
A ver se o tempo nos acompaña e disfrutamos desta estación tan colorida!!


Aquí vos deixamos unhas fotiños non só do resultado senón do proceso..

As fotos da excursión...

que fixemos o Martes xa están no blogue do cole.
  Pinchade  aquí e mirade que ben o pasamos!!

28 de marzo de 2011

o DadO mAnDóN!

A semana pasada a profe trouxo un dado un pouquiño máis grande do normal...e con el xogamos a un novo xogo: O dado mandón. Temos unha listaxe na clase e dependendo do número que saia teremos que facer unha cousa ou outra: andar como ananiños, como xigantes, saltar a pata coxa...
Gustounos moito e ademais con el aprendemos moito sobre os números e a cantidade!!


24 de marzo de 2011

Aproveitando o bo tempo..

Hoxe ao final da mañá aproveitando o bo tempo que facía saímos ao patio a xogar, a profe ensinounos un novo xogo "La zapatilla por detrás" algún neno xa o sabía, pero a todos lles encantou xogar, aínda que algún facía un pouquechiño de trampa e deixaban o olliño medio aberto para mirar... que simpáticos eran!


 Ademais levamos para casa o pallaso articulado que fixemos durante o proxecto do circo e que tiñanos na aula adornando, deixando así sitio para novos traballos.

23 de marzo de 2011

Xogamos con letras...

Fai xa meses que  a profe nos fixo este xogo tan sinxelo e tan enriquecedor ao mesmo tempo. Trátase de pinzas (prendedores da roupa) con letras escritas, con elas compoñemos palabras, sobre todo, esa tan significativa para nós como é o nome propio.
Pois como agora o noso proxecto vai de princesas e príncipes..a profe fixo unhas tarxetiñas con vocabulario relacionado e nós xogamos a escribir os seus nomes...

Pintando a primavera!

Fai un par de días que estreamos estación e na Armenteira notouse un montón! Vimos menos abrigados, no panel do tempo hai cada vez máis soles, e como non, os cativos están moito máis movidos...debe ser verdade que a primavera a sangue altera! o caso é que como coas demais estacións comezamos a facer cousiñas desta época tan bonita e colorida.
Hoxe a profe deunos un debuxo de flores e nós pintámolas pero non con rotuladores nin con ceras, nin tan sequera con pincel..non non! esta vez empregamos bastonciños dos que usamos para limpar os oídos, encántounos esta actividade!
Mirade... colliamos o bastonciño, mollábamos en pintura e con moito coidado para non sairnos...estábamos súper concentrados!
Xa vos ensinaremos como queda o noso cadro primaveral...de momento...mirade o proceso...

17 de marzo de 2011

Acabou a función..

e despedímonos do circo. Neste proxecto aprendemos moitas cousas, e pasámolo xenial traballando nel. Aquí vos deixamos como quedou o dossier coas actividades impresas.

Xogamos ao bingo das letras!

Como nos gustou este xogo! A profe dounos unha táboa con letras, de momento só puxo 6 para ver como resultaba e segundo ía dicindo unha letra, colocábamoslle un gomet enriba e cando xa estaban todos tapadiños cantamos: BINGO!

Foron 4 os afortunados e como recompensa recibiron a súa medalla!
Algúns enfadáronse porque non gañaran pero quedamos conformes cando a profe nos explicou que non sempre se pode gañar e seguro que outro día gañan outros...
Como o xogo tivo moito éxito seguiremos facéndoo con diferentes temáticas para poder traballar moitísimas cousas!


16 de marzo de 2011

Novo proxecto...

Esta vez foron os cativos os que decidiron que querían investigar e traballar, xeralmente os nosos proxectos xorden grazas ao trasniño que nos deixa algo na caixa máxica que nos motiva cara ese centro de interese, pero esta vez, quixémolo facer distinto por iso a profe propuxo que cada quen dixera algo que lle gustaría traballar e fomos a votación, saíndo como gañador o tema "Princesas e príncipes".

Así que comezamos a traballar, apuntamos que sabemos deste tema e tamén o que nos gustaría saber e escribimos unha nota as familias para pedir a súa colaboración.
O que nos queda de trimestre estaremos sumerxidos no mundo dos contos "Príncipes e princesas", podédesnos axudar con calquera cousa, seguro que aprendemos un montón!

10 de marzo de 2011

Noraboa profe Vero!

Hoxe queremos adicar esta entrada a profe Vero porque xa foi mamá!
Dende o teu cole os máis peques desexámoste MOITISIMAS FELICIDADES!

7 de marzo de 2011

Celebrando o Entroido!

O venres no cole, despois de moito traballar nel, por fin chegou o día de lucir os nosos disfraces. Pasámolo xenial e estabamos guapísimos!!
Os gatiños e as tartarugas convertíronse en bailarinas, forzudos e pallasas pero...tamén había arlequíns, magos, fakir, domadores e mimos.
Un circo no que non faltaron as funcións organizadas pola profe Paula que é unha auténtica artista!
Logo desfilamos ata o Mosteiro onde sacamos a foto de grupo e á volta merendamos todos/as os postres que as familias prepararon. Estaba todo boísimo! Grazas por axudarnos unha vez máis!!
Deixámosvos as fotos deste día tan divertido!!
Tamén hai fotos no blogue do cole, pasade a velas!!
un bikiño e a seguir disfrutando destes días de troula!

3 de marzo de 2011

quen se esconde?

Entre onte e hoxe os peques fixeron un antifaz para lucir nestes días cheos de maxia...Primeiro a profe botou nunha bandexa pintura de moitas cores: laranxa, amarela, azul, vermella, rosa, verde...Logo de un en un foron estampando a man dúas veces (unha fronte a outra) deixámolas secar e a profe cortouno e debuxoulle os ocos dos ollos, picáronos, botáronlle cola branca e un montón de purpurina para que brillaran! e asi de chulis nos quedaron!
Coñecedes quen e quen?

2 de marzo de 2011

Para a festa do Entroido..

Os nenos/as e nenas de Infantil terán que vir vestidos de branco (con camiseta de manga longa e pantys/medias) e ademais traerán tennis.
O resto poñerémolo no cole e xa veredes que guapos estamos!! se aínda non vos enterastes o cole da Armenteira convertirase nun máxico circo....que ganas teñen estes pequechos de lucir os disfraces!!
Nestes días xa vos contaremos todo  o que andamos tramando....
un saudiño!!!
E ide preparando o disfraz que non queda nadiñaaaaaaaaaaa........

1 de marzo de 2011

Como avanzamos!

Fai un tempiño que comezamos a traballar as consonantes, aínda que xa as coñecemos porque no día a día na aula as traballamos nas diferentes rutinas; co libro dos nomes, na rutina do encargado, na data, etc...
A profe preparou unhas actividades para mellorar o seu trazo e coñecelas un poquiño máis.
Esta é unha das fichas que fixeron as tartarugas a semana pasada. Nela teñen que escribir o nome do debuxo que aparece, no nº1 escriben elas tal e como lle sonan as letras, no nº2 escribe a profe correctamente a palabra e no nº3 elas copiana para que vexan que letras se esqueceron...
Os avances son estupendos! Mirade:



É moi importante que os papás e as mamás non vos agobiedes co tema da lectoescritura, pois existen unhas etapas que pouco a pouco os nenos/as van acadando segundo a súa maduración.
Axudaredes ao nenos...
  • Manexando moito material impreso: revistas, contos,...
  • Lendo diferentes tipos de textos.
  • Aceptando as produccións do neno.
  • Valorando positivamente o esforzo realizado.
Non os axudaredes se...
  • Valorades negativamente as súas produccións.
  • Presionades ou comparades as produccións dos vosos fillos, cada un ten o seu ritmo.
  • Vos agobiades co proceso de lectoescritura e os agobiades a eles.

...A nosa plantiña..

Como xa vos contamos, cando estabamos traballando o proxecto "Coidamos o noso mundo" decidimos reutilizar uns botes de cristal como maceta para plantar as nosas fabas, o que si que non vos contamos é que de tanto regalas pudríronse polo que tivemos que volver a cultivar, desta vez lentellas e vaia se medraron!
Como xa estaban grandiñas hoxe levámolas para a casa para seguir coidando delas!