...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

31 de enero de 2011

Os nen@s da Armenteira queremos a Paz!

Hoxe no cole celebramos o Día da Paz,os máis pequechos, os nenos/as de infantil levamos a pombiña que fixemos coas nosas mans.

Os máis maiores contáronnos unha historia moi bonita sobre as diferenzas, leron poemas e citas e logo todos coa profe Paula bailamos e cantamos a canción que estivemos ensaiando estes días. Que ben o fixeron, esta profe é unha artista!!
Acabamos a mañán xogando a xogos cooperativos coa profe Alba, os peques xogamos co paracaídas como lles gustou!!


28 de enero de 2011

Felicidades Alba!


Hoxe celebramos o cumple de Alba, que xa son 5 aniños!!! Pero que maiores que se fan estes nenos/as!!
Trouxonos unha tarta que estaba riquísima! Foi a raíña do día!!
Que ben pasamos!

27 de enero de 2011

A maleta viaxeira comeza a súa aventura!

Primeiro visitou a casa da profe, e hoxe marchou de viaxe con Tania, a ver que nos conta a súa familia!
Recordade papis que dentro van algúns materiais que podedes empregar e a maiores todos os que queirades.
Disfrutade da visita!

26 de enero de 2011

Algunha novidade...

"Que pasaría se...?" Hoxe engadimos esta rutina na asemblea e é que todos os mércores soltaremos a nosa imaxinación (un pouquiño máis se cabe) é daremos resposta a cuestións moi variopintas. Hoxe tocou:
QUE PASARÍA SE PUIDESEMOS VOAR?...
Carolina: viría un paxaro e nos lastimaría e caeríamos ao chan.
Tania: suelo.
Paloma: Se podemos volar podemos ver as nubes.
Ramón: un paxaro danos co pico.
Profe: que máis pasaría se puidesemos voar, Sara?
Sara: caeríamos.
Profe: se puidesemos voar,caeríamos? Non teríamos porque caer se souberamos voar non?
Varios: Gústanos voar.
Aitana: Le pediamos perdón a los pajaritos.
Carolina: Ver o sol.
alguén: e taména luna.
alguén: poderíamos comer a luna.
Profe: como no conto de "A que sabe a Lúa?"
Alguén: a min non me gusta, a min gústame o peixe con patatas.
Alguén: Chocamos contra sol.
Tania: e queimámonos.
Profe: que pasaría Alba se puidesemos voar?
Alba: yo tengo unas alas pero son de juguete...
Profe: pero tú imaginate que si que puedes volar, que pasaría?
Alba: ummmm....
Aitana: Podemos chocar con los arboles a que si?
Alba: podríamos volar por encima de las casas.
Carolina: cando nos van a crecer alas?
Profe: non nos van a crecer, porque as personas non temos ás, sólo estamos imaxinando.....
Ademais desta nova proposta tamén estivemos traballando no noso proxecto, os nenos/as están moi motivados cara o coidado do medio e deseguida lle chama a atención todo papel que atopan no patio ou na clase, tirar o lixo en cadanseu contenedor xa é unha rutina na nosa clase.
Tamén traballaron coa profe Sagrario e fixemos unha manualidade para o Día da Paz.
Ademais lemos o conto "Avós" da editorial Kalandraka, un libro que recomendo a todos/a!

 Falamos dos seus avós, como se chamaban e saíron temas moi interesantes. Logo fixemos o debuxo do conto, que recolleremos nun dossier con todos os que lemos ao longo do trimestre.E por suposot xogamos nos recantos, que lles encanta, aínda que ultimamente levan moi mal o de recoller....
Xa vos iremos contando máis cousiñas...


...A Paz...

Fai uns días que os peques preguntan por este día, pois falaron del coa profe Mª José así que o outro día adicamos a asemblea a este tema e isto foron as respostas dos cativos a miña pregunta:
Que é a Paz?
Ramón: No pelear.
Paloma: Non discutir.
Carolina: Non rabuñar.
Sara: Non dar patadas.
Iria: Non romper as cousas.
Paloma: Non enfadarse.
Carolina: Non tirar da coleta.
Lorena: Non pelear no columpio.
Sara: Non tirar das orellas.
Aitana: cando estamos de cumpleaños si.
Profe: claro, cando estamos de cumple tiramos despacito.
Alguén: non romper os columpios.
Alejandro: Cando fomos ao parque había un columpio roto.
Profe: Pois hai que ter moito coidado e coidalos.
Paloma: non tirar area a cara nin neve.
Carolina: Non tirar area nos ollos.

Logo de facer este remuíño de ideas explicamos que celebraremos o Día da Paz o luns 31 (rodeámolo no calendario) e todas as mañáns contamos cantos días faltan.
Coa profe Paula estamos aprendendo unha canción e ademais fixemos algúns traballiños para conmemorar este día, entre elas levamos para a casa unha pomba branca e coa axuda das familias escribimos unha palabra ou frase relacionada coa Paz a profe colgounas na árbore que temos no cole co resto das pombas de todos/as os nenos/as...mirade como esta quedando...

Coñecemos o cadrado...

Logo de buscar formas cadradas e de facer diferentes xogos para recoñecer esta figura a profe propúxonos facer o corpo da serpe Silvia, baixo a premisa"Círculo-cadrado-círculo..." e así nos quedou!!

Logo fíxemos o mesmo cada un na súa ficha con gomets!

Felicidades Aitana!

O luns a nosa gatiña Aitana estivo cumpriu 4 aniños!! Como non podía ser doutra maneira foi a raíña do día e fixemoslle a nosa postaliña regalo entre todos!! Feliz cumple!

23 de enero de 2011

Así nos quedou o conto...

Como xa vos adiantamos estes días convertémonos en auténticos ilustradores, e entre todos estivemos facendo a noso propio conto de "La cigarra y la hormiga". A profe escribiu o texto a ordenador pegouno en cartolinas e a partir de ahí todos/as participamos debuxando as personaxes, facendo pequenos detalles como a herba, flores, neve....empregando diferentes técnicas e incluso escribindo, aquí tendes o resultado.
O venres como toca levar o conto este tamén entrou a formar parte dos moitos que temos para escoller e como todos o querían levar...tocoulle a Irene que era a encargada, nos vindeiros días poderán levalos os demais pequechos para ensinarllo as familias.




Ademais tamén escoitamos a canción de Enrique y Ana que nos conta a historia destas personaxes e que podedes escoitar premendo aquí (Grazas a profe Paula do blogue amigo Tizas de Colores por achegarnos esta idea!)

20 de enero de 2011

Que fixemos hoxe?

Hoxe no cole as tartarugas coñecimos a vogal O, bueno xa a coñecíamos pero hoxe traballámola: fixemos o seu trazo para melloralo, buscamos palabras que empezaran por esta letra e cada vez o facemos mellor!sairon un montón: oca, orella, ollos, oso algunhas moi curiosas como orejotas!! :)
 Tamén rematamos un esquimal que comezamos a facer onte, pintamos, pegamos a nosa foto no lugar da cara, pegamos algodón e puxémoslle un peixiño....ta-chán!!! aquí estamos convertidos en esquimais! agora están adornando o noso corredor..para darlle un toque invernal!! nos vindeiros días faremos máis cousas xa volas ensinaremos!! De momento..mirade os esquimais?! Gustanvos como nos quedaron??
Pero o máisnovedoso do día foi sen dúbida a presentación da maleta viaxeira!  A profe ensinounola e explicounos que nuns días comezaría a viaxar por todos os fogares. Dentro da maleta vai o libro viaxeiro titulado "Nós somos.." no cal nos iremos presentando e así coñecerémonos un pouquiño mellor. Non vos asustedes papis!! que é moi sinxeliño: só tendes que contarnos cousiñas dos nenos/as: o que lles gusta facer, o que non, poñernos fotiños, presentarnos a familia, as mascotas, anécdotas da familia...o que queirades...todo serve e seguro que o faredes xenial! O que si é importante é que terá que estar de volta o día que toque para que poida visitar outro fogar e sobre todo....teremos que coidalo un montón así como os materiais que irán na maleta e qeu poderedes empregar para facer a actividade. Será unha actividade moi moitivadora para os cativos pois de volta no cole serán os protagonistas e terán que contarnos e ensinarnos a súa páxina.... A viaxe comeza na casa da profe a ver que nos conta....

Como sabedes tamén estamos traballando o inverno e para iso empregamos a fábula de "La cigarra y la hormiga" pois hoxe pintamos as personaxes a profe plastificounas pegounas nun depresor e levámolas para casa para contarlle a historia ás familias.
Ademais xa temos rematado o conto feito por nós..mañán ensinarémosvolo!!
De momento nada máis que contar....un bico!!

19 de enero de 2011

..Comezamos a reciclar...

Hoxe a profe trouxo un xogo co cal xogamos na asemblea. Primeiro presentounos aos personaxes protagonistas: un contenedor de cada cor e recordamos do outro día o que tiñamos que tirar en cada un. E logo...tivemos que poñelo en práctica! A profe repartiunos imaxes de diferentes obxectos e nós tivemos que colocalo no contenedor correspondente...e a verdade é que o fixemos moi ben! Case todos sabiamos onde tiñamos que poñer cada cousa!
Pero isto non acabou aquí..non, non!! fixemos entre todos 3 tipos de contenedores para a nosa clase e na hora da merenda xa os estreamos e con moitas ganas!!
Paloma co contenedor de restos orgánicos.

Tania co contenedor de papel e cartón.
  
Ramón co contenedor de vidro.                        
     
Dou as grazas as familias que nos mandaron cousiñas para traballar este proxecto porque grazas a elas, mirade que cheiño está quedando o recanto do proxecto..

17 de enero de 2011

As fichas máxicas...

estreámolas hoxe e collemos a idea prestada do blogue de Bea. Son unhas fichas que están plastificadas e nas que escribimos cun rotulador de pizarra polo que poden borrarse e facerse unha e outra vez...por iso son máxicas!! E como toda novidade, resultou moi motivador para os nenos/as! E así de xeito lúdico practicamos grafomotricidade!


15 de enero de 2011

Unha pizarra máxica?!?!?!?!

Onte aproveitando que era Venres e para rematar a semana, subimos a aula de informática a ver a película de "La cigarra y la hormiga" fábula que como xa vos contamos estamos traballando na clase.
Ao rematar a película e logo de falar sobre ela e as diferenzas que había co conto que leramos, aproveitamos para familiarizarnos coa pizarra dixital: aos peques encantoulles pintar nela e un por un fomos probando algunhas das ferramentas. Para rematar esta sesión puxemos o música e bailamos un ratiño antes de marchar para casa.
Que ben o pasamos!!


Feliz cumpreanos!!

Onte estivo de cumpreanos Alejandro e como non podía ser doutro modo,no cole tamén o celebramos. Fixemos a coroa e a postaliña de regalo!! Ademais el repartiu unha caixa de chuches aos seus amigos/as.
Xa ten 4 anos!!!
Felicidades!!!!!!

13 de enero de 2011

Que fixemos estes días?

Pois sobre todo... adaptarnos de novo, os peques viñeron moito máis movidos, con algunha que outra norma olvidada,...polo que estes días estamos aínda aterrizando.

Onte apareceu na caixa máxica unha carta do trasniño onde nos conta o preocupado que está pola a súa amiga Alidia, un esquío ao que lle encanta viaxar. Pero que ten un problema bastante grave, e é que o bosque onde vive están sufrindo algúns problemas: fábricas moi preto, basura polo chan e polo río...
Pediunos a nosa axuda para investigar sobre como acabar con estes problemas e sobre todo como podemos coidar o noso medio.


Así que hoxe mandamos unha carta as familias pedindo a súa colaboración para que nos mandedes todo o que se vos ocorra para traballar este proxecto que titulamos "Cuidamos nuestro mundo" que durará ata o vindeiro mes aproximadamente.
Damos as grazas de antemán pola vosa colaboración.
Ademais de novo proxecto tamén temos algunha novidade máis: comezamos a traballar a fábula da formiga e a cigarra, aproveitándoo para traballar a estación do inverno. A profe leunos o conto, e decidimos facer o noso entre todos así que comezamos a debuxar, recortar, pegar..xa volo ensinaremos. Logo pasará a formar parte da nosa biblioteca de aula.

Onte tamén tivemos unha visita moi pero que moi especial...nada maís e nada menos que a tele! Viñeron ao cole para facer unha reportaxe para un concurso no que participarán os nenos maiores, e gravaron un pouquiño na nosa clase polo que nós tivemos que marchar, cousa que a Tania non lle pareceu nada ben, ela quería saír na tele!! :)
O concurso comezará a emitirse na primavera aínda que xa vos iremos informando..
E para acabar co maís destacado destes días, ensinámosvos a páxina do libro das cores correspondente á cor VERDE, esta vez decoramos unha simpática rá pero só con puntiños!


11 de enero de 2011

Estamos de volta!!!

Logo dunhas merecidas vacacións, os Peques da Armenteira estamos de volta. Onte foi o encontro e como non puido ser doutra maneira, foi un día cheo de emocións e novidades.
Estabamos ansiosos de contar o que nos trouxeran os Reis e logo de facelo debuxámolo, ademais descubrimos que na biblioteca as súas maxestades deixaran algo para nós, e como non,Fomos correndo a ver de que se trataba, eran unhas mesas moi chulis de cores e do noso tamaño para poder disfrutar dos marabilloso mundo dos contos, tal e como nos dicía a nota que nos deixaron.
Os maiores montáronas e hoxe xa as estreamos!!!


Gracias Reis Magos!!!





9 de enero de 2011

Mañán volvemos!!

Que tal pequechos?? como pasachedes as vacacións?? deixaron moitas cousas os Reis?? seguro que nos tendes un montón de cousas que contar, pero xa non queda nadiña...vémonos mañán coas pilas cargadas.
un biquiño!!