Non podería describir como me sinto no día de hoxe...triste por deixarvos... afortunada por compartir este tempo con vós...Inqueda por como será o novo destino...
Só teño unha palabra para vós:
GRAZAS.
-A ti,
Aitana, polas túas ocorrencias.
-A ti,
Ramón, porque con eses ollos convences a calquera.
-A ti,
Alejandro, porque o que parecía ser un pequeno trasniño resultou ser un osiño amoroso.
-A ti,
Irene, porque detrás dese tímido sorriso, atópase unha pequena aventureira.
-A ti,
Tania, porque ademais de nervio hai calma.
-A ti,
Iria, pola túa sensibilidade.
-A ti,
Lorena, porque eres a miña "cabuxiña".
-A ti,
Sara, pola túa dureza e madurez.
-A ti,
Carolina, porque detrás de esas rabietas, hai un encanto de nena.
-A ti,
Paloma, por alegrarnos coas túas cancións.
-A ti,
Alba, pola túa calma e fantasía.
Por todo isto, é por todo o que vivín con vós.
XAMAIS os esquecerei.
E tamén a vós,
COMPAÑEIRAS,
FAMILIAS E
DEMAIS NENOS/AS DO CENTRO, sen os cales o meu traballo non sería o mesmo.
Isto non é un ADEUS, é un
ATA SEMPRE.