Hola peques!! que tal o estades pasando?? o tempo non nos deixa disfrutar moito da praia e a piscina pero aínda quedan moitas vacacións!
Algunhas familias dixéronme se lle podía mandar actividades para facer aos nenos/as, díxenlle que lles deixaba material por aquí e dinlles algunhas pautas que si poden facer na casa para que os cativos non se olviden de todo o que aprenderon no cole, pois foron moitas cousas!!
Entre outras cousas, podedes....
- Establecer unhas normas e por suposto...CUMPLILAS. É moi importante pois así os nenos/as van adquirindo condutas de comportamento que lle servirán moito no seu desenvolvemento. Por iso podedes acordar con eles unhas normas e poñer unha sanción se non se cumpren e un reforzo se así o fan...
-É importante tamén que os nenos/as teñan unhas rutinas diarias. No inverno, durante o curso é máis sinxelo e está todo máis controlado pero no verán....
-Fomentar nos nenos/as a súa autonomía (comer, asearse, vestirse...) e propoñédelle algunha responsabilidade.
-Podedes xogar con eles recordando letras, números e outros conceptos traballados no cole.
-Motivalos para que coloreen, recorten...nestes días de choiva.
-Ler contos.
E moitísimas cousas máis que se vos poidan ocorrer..ESO SI!! É IMPORTANTE non atosigar ao cativo facendo cadernos ou actividades, recordade que XOGANDO TAMÉN SE APRENDE. E que sobretodo teñen que XOGAR E DESCANSAR!!
No meu PICASA (tendes o enlace na marxe dereita) podedes descargar algunha actividade para que fagan ou tamén vos irei deixando enlaces ...hoxe deixovos...UN BINGO DE LETRAS que lles encanta. Clicade e xa vos leva a páxina onde podedes descargalo, imprimilo, plastificalo ou non...e xogar toda a familia!!
Seguide disfrutando!!!
un bico moi forteeeeeeeeeeeee!! muaaaaaaaaaaaaaaaak!!
BINDO DAS LETRAS
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario