...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

24 de junio de 2011

Grazas de novo!

Hoxe quero agradecer con esta entrada á familia de Carolina o agasallo tan bonito que me fixeron e que irremediablemente cada vez que vexo fai que os meus ollos comecen a brilar...
Trátase dun libro e unha caixiña de madeira elaborados por elas mesmas.


 











MOITISIMAS GRAZAS! e MOITA SORTE NAS OPOS ANA! (pois ademais de ser unha súper mamá Ana tamén é profe e está preparando as oposicións).



Tende por seguro que nunca vos esquecerei pequechos!!

22 de junio de 2011

GRAZAS!

Non podería describir como me sinto no día de hoxe...triste por deixarvos... afortunada por compartir este tempo con vós...Inqueda por como será o novo destino...
Só teño unha palabra para vós: GRAZAS.
-A ti, Aitana, polas túas ocorrencias.
-A ti, Ramón, porque con eses ollos convences a calquera.
-A ti, Alejandro, porque o que  parecía ser un pequeno trasniño resultou ser un osiño amoroso.
-A ti, Irene, porque detrás dese tímido sorriso, atópase unha pequena aventureira.
-A ti, Tania, porque ademais de nervio hai calma.
-A ti, Iria, pola túa sensibilidade.
-A ti, Lorena, porque eres a miña "cabuxiña".
-A ti, Sara, pola túa dureza e madurez.
-A ti, Carolina, porque detrás de esas rabietas, hai un encanto de nena.
-A ti, Paloma, por alegrarnos coas túas cancións.
-A ti, Alba, pola túa calma e fantasía.

Por todo isto, é por todo o que vivín con vós. XAMAIS os esquecerei.

E tamén a vós, COMPAÑEIRAS, FAMILIAS E DEMAIS NENOS/AS DO CENTRO, sen os cales o meu traballo non sería  o mesmo.
Isto non é un ADEUS, é un ATA SEMPRE.



20 de junio de 2011

Festival de fin de curso!

Os nenos terán que vir con CAMISETA BRANCA e PANTALÓN VAQUERO (curto se teñen) con ZAPATILLAS/ZAPATOS BRANCOS.
As nenas tamén terán que traer CAMISETA BRANCA e FALDA (a falda ímola cambiar así que non importa como sexa) e BAILARINAS/ZAPATILLAS/SANDALIAS/ZAPATOS BRANCOS.

O festival é o mércores ás 11.30 horas!! NON FALTEDES!!

Como medraron!!


O venres levamos para casa os cespiños...pois mirade como lles creceu o pelo!! Algúns xa me dixeron que lle cortaran o pelo ;) Agora a coidalos e a cortarlle o pelo ao noso gusto!!

16 de junio de 2011

...Á rica fruta!!

Hoxe convertímonos en cociñeir@s e fixemos unha macedonia que estaba boísimaaaaaaa!!
Onte preparamos os gorros e hoxe lucímolos orgullos@s!!
Primeiro lavamos as mans moi ben e a froita (moita dela xa a trouxo a profe lavada porque como non temos grifo na clase é un pouco lío) e logo repartimos o traballo.
Levaba moita fruta esta macedonia: plátano, piña, melocotón, cereixas, fresas, kiwi, melón e sandía todo bañado con zume de laranxa e unha culleriña de azucre.
Moitos repetiron e os que son menos amigos da froita probárona e tomaron unha pouquiña.
Dende aquí animo ás familias a facer receitas cos cativos, eles síntense moi motivados e é unha forma divertida de comer alimentos que doutro xeito non toman.
QUE MERENDA TAN SAUDABLE!!
(Ás familias das nenas que non viñeron onte, que non se preocupen por levar a merenda de volta, ésta foi a razón!)






15 de junio de 2011

Excursión de fin de curso

Onte fomos de excursión como xa sabedes ao Ecoparque de Marín, un parque multiaventura no que o pasamos xenial!
Ao chegar preparáronnos para poder participar nas actividades poñéndonos un arnés e aos maiores dándolle un cursiño de como tiñan que facer e as medidas que tiñan que tomar.
Os peques foron moi atrevidos e subiron en todo o que nos tiñan preparado, aínda que algún que outro de vez en cando poñía cara de susto..non querían parar de xogar!!
Logo fomos a comer (porque xa tiñamos famiña!!) ao Lago de Castiñeiras e pola tarde foi Bea, a monitora dos peques, a que se encargou de contarnos un montón de cousiñas deste Parque Natural.
Á volta..como podedes imaxinar...estabamos AGOTADOS!! e foron moi pouquiños os que aguantaron sen durmir no bus...
Mirade e disfrutade destas fotos, tanto como o fixemos nós!!

Todas as cores!!

E así quedou o Libro das Cores que xa rematamos!!

Xogamos no ximnasio!



O outro día fomos ao ximnasio e alí pasámolo en grande! Xogamos á "Zapatilla por detrás" e tamén a "Pita cadena" e aos "Virus" que nos ensinou a profe Alba.
E como estes días non veu ao cole, aproveitamos para mandarlle moitos bicos!

11 de junio de 2011

Encántanos xogar ao bingo!

Como xa vos contamos noutra ocasión encántanos xogar ao bingo das letras, dos números, das cores... É unha actividade coa que nos divertimos un montón e ademais aprendemos moitas cousas con el. Unha moi importante é que non sempre podemos gañar. Ao principio enfadabámonos cando non cantabamos BINGO! e non levabamos a medalla pero agora...empezamos a entender que non sempre podemos gañar. Aquí vos deixamos unhas fotiños nosas moi nerviosos xogando...e tamén de Carolina que foi a gañadora de onte.
Ademais aproveito para animar ás familias a facer este xogo na casa, sobre todo agora no verán, así contribuiremos a que non se esquezan de tantas cousiñas nestas vacacións!

9 de junio de 2011

Uns simpáticos Cespitos...

A semana pasada fixemos uns simpáticos bonequiños aos que a profe lle chama Cespitos porque o seu pelo será céspede!!
Son moi sinxelos de facer e aos peques gústalles un montón!
Collemos unha media e botámos as sementes, logo area, atámos a media e cortamos a que sobra. Logo podemos facerlle o nariz cunha gomiña e adornalo con ollos móbiles, goma eva ou calquera outra cosa que nos guste.
Con auga e moito agarimo nuns días relucirá unha espléndida melena...e logo...os peques poderán exercer como perruqueiros cortándolle o pelo ao seu gusto!
De momento..só asoman uns pequenos peliños...MIRADE!:)


Pintamos a primavera..

Con acuarelas! Fai uns días xa que a profe nos propuxo facer un debuxo da primavera, pois estivemos traballando moitas cousas desta estación. E esta vez pintamos as nosas obras con acuarelas! como nos gustou!! Tiñamos que mollar o pincel en auga, secar un pouquiño e coller a cor que nos gustara e logo para coller outra, limpar moi ben o pincel de novo...!!! que ben o fixemos!! E que chulis nos quedaron!
Aquí volos ensinamos...

8 de junio de 2011

Imos de excursión!

O vindeiro Martes 14 de Xuño iremos todos de excursión. Si, si! todo o cole! Sairemos do cole ás 9 e voltaremos ás 6 da tarde, aproximadamente. Visitaremos o Parque multiaventura de Marín e logo comeremos no Lago de Castiñeiras onde tamén disfrutaremos dunha actividade na Aula da Natureza de Cotorredondo.
Seguro que o pasamos xenial.
Deixámosvos un enlace por se queredes botarlle un ollo ao parque.
http://aventuramarin.com/