Como xa vos adiantamos estes días convertémonos en auténticos ilustradores, e entre todos estivemos facendo a noso propio conto de "La cigarra y la hormiga". A profe escribiu o texto a ordenador pegouno en cartolinas e a partir de ahí todos/as participamos debuxando as personaxes, facendo pequenos detalles como a herba, flores, neve....empregando diferentes técnicas e incluso escribindo, aquí tendes o resultado.
O venres como toca levar o conto este tamén entrou a formar parte dos moitos que temos para escoller e como todos o querían levar...tocoulle a Irene que era a encargada, nos vindeiros días poderán levalos os demais pequechos para ensinarllo as familias.
Ademais tamén escoitamos a canción de Enrique y Ana que nos conta a historia destas personaxes e que podedes escoitar premendo aquí (Grazas a profe Paula do blogue amigo Tizas de Colores por achegarnos esta idea!)
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
1 comentario:
Que bonito vos quedou o conto!!gústame moito esa idea de crear cos peques ou re-crear os contos que lles gustan. Un saúdo
Publicar un comentario