A profe preparou unhas actividades para mellorar o seu trazo e coñecelas un poquiño máis.
Esta é unha das fichas que fixeron as tartarugas a semana pasada. Nela teñen que escribir o nome do debuxo que aparece, no nº1 escriben elas tal e como lle sonan as letras, no nº2 escribe a profe correctamente a palabra e no nº3 elas copiana para que vexan que letras se esqueceron...
Os avances son estupendos! Mirade:
É moi importante que os papás e as mamás non vos agobiedes co tema da lectoescritura, pois existen unhas etapas que pouco a pouco os nenos/as van acadando segundo a súa maduración.
Axudaredes ao nenos...
- Manexando moito material impreso: revistas, contos,...
- Lendo diferentes tipos de textos.
- Aceptando as produccións do neno.
- Valorando positivamente o esforzo realizado.
- Valorades negativamente as súas produccións.
- Presionades ou comparades as produccións dos vosos fillos, cada un ten o seu ritmo.
- Vos agobiades co proceso de lectoescritura e os agobiades a eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario