Pois estamos metidos de cheo no mundo da ilusión e da fantasía!
Cada día está máis cheo o recanto do circo: peluches, contos, títeres, colares, cds, debuxos...un montón de cousas coas que estamos aprendendo. Hoxe todos probamos a nariz de pallaso, pois aproveitamos calquera momento para ir correndo a poñela, hoxe sacamos unha foto cada un e tamén nos inventamos un nome de pallaso.
Fixemos unha actividade do mago para o noso libro do circo e... ata maxia!
Picamos unha chistera, escribimos as palabras máxicas, botamos uns polviños máxicos e ta-chán! apareceu un coello dentro!!
Tamén escoitamos o cd de Miliki que nos trouxo Ramón e cantamos a canción do circo que aprendimos coa profe Paula.
Había una vez...... un circo, que alegraba siempre el corazón...lleno de color..un mundo de ilusión...