...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

28 de abril de 2011

O noso cole no FACEBOOK!

O noso cole, e debido sobre todo a celebración do 25º aniversario, xa dispón dun perfil no facebook no que familias, ex-alumnos, alumnos actuais....poderán intercambiar experiencias e anécdotas.
Busca CEIP ARMENTEIRA e agrégao!

27 de abril de 2011

Necesitamos unha foto!

Familias!! no cole imos realizar un traballiño para o que necesitamos unha foto do neno/a coa familia. Hai dúas opcións poden traer a foto (ou unha copia) ao cole ou podedes mandárnola nun email ao noso correo e xa as profes se ocupan de imprimilas (pois moitas veces é máis cómodo). Este traballo tamén o van facer os nosos/as amigos/as da clase de 5 anos así que o aviso é para todos/as e tamén eles poden mandar a foto ao correo. Recordade: pequesarmenteira@hotmail.com
un saúdiño!!

Máis libriños murais!

Hoxe chegaron ao cole máis libriños murais, cantas cousas aprendemos con eles!! Non só relacionados co tema da primavera, senón outros aspectos que van implícitos ao expoñer e ensinar cadanseu libriño e á hora de escoitar e respectar os turnos de palabra para opinar e debatir.
Que fantástica idea profe Bea!!
Aquí vos deixo unhas fotiños dos de hoxe: Tania, Alba, Iria e Sara móstrannos orgullosas o seu traballo.
Canto traballades familia!!GRACIAS!!







26 de abril de 2011

Os primeiros libros-murais

Hoxe coa volta das vacacións chegaron os primeiros Libros-murais da Primavera.
Paloma contounos o dela, no que aprendemos refráns desta época do ano. E Carolina contanos os cambios que suceden coa chegada desta estación en forma de poesía!! Pero que traballos tan elaborados familias!! Moitas grazas por estar aí!!
Agora as fotiños das orgullosas artistas:




 Logo colgámolos no panel da Primavera e a seguir esperando por máis Libros murais....

NORABOA FAMILIAS POR ESTE FANTÁSTICO TRABALLO!

19 de abril de 2011

O libro do meu nome....

Neste trimestre os gatiños estiveron traballando o seu nome cunhas actividades impresas coas que fixemos este libriño...así lles quedou:

16 de abril de 2011

Boas Vacacións!!!

Despois deste longo trimestre chegaron uns días de descanso. Pasádeo moi ben nestas vacacións peques. Vémonos o martes 26 coas pilas ben cargadas!!!
Así marchamos onte cargadiños cos nosos traballiños que gardamos nesta carpeta-maleta que fixemos...
Disfrutade moito!!!!

A carpeta das tartarugas

A carpeta dos gatiños

15 de abril de 2011

Rematamos o proxecto dos príncipes e das princesas...

Logo de investigar sobre estes personaxes, dos que os cativos sabían un montón, finalizamos o proxecto recollendo nun dossier as respostas ao que queríamos saber.
Durante este tempo os nenos/as estiveron moi motivados cara o tema e disfrutaron moito co recanto que establecimos temporalmente na aula.
Aquí vos deixamos como quedou o libriño que fixemos:

13 de abril de 2011

Nós tamén imos a facer uns Libros-murais da primavera...

Hoxe levamos para a casa os Libros Murais que imos a facer coas nosas familias. O tema será  a Primavera e nel podedes reflexar todo o que queirades e se vos ocorra desta estación: os cambios no clima, na vestimenta, na vexetación...recoller refráns, contos, cancións... o que queirades!
Esta idea collémola prestada do blogue de Bea "Cousas de peques" que teñen unhas ideas moi chulis e que vos animo a visitar!!!
Espero que nós tamén lle saquemos moito proveito a esta actividade!
Na notiña que mandei xa explica como facelo e calquera cousa non dubidedes en preguntarme!
un saúdo!

9 de abril de 2011

Moitas grazas!

Grazas a vós que nos visitades xa temos as nosas primeiras 5000 visitas! Agradécese un montón ver que a xente visita e comenta o que fas, sobre todo se o que se fai é porque gusta, como é o caso deste blogue. Esperamos, eu e os meus peques, que sigades visitándonos a miúdo e deixando os vosos comentarios que, sen dúbida, é o que o mantén vivo.
un biquiño!

5 de abril de 2011

Unha ficha colectiva..

Onte no cole fixemos unha ficha que nos gustou moito porque...non fixemos cada un a súa  coma estamos acostumados senón que... a nosa ficha fixérona os nosos/as amigos/as.
Tratábase dunha ficha para o libro da Primavera, primeiro escribimos que na primavera saen moitas flores (como falamos estes días e xa sabemos todos!) e logo todos sentados na mesa das tartarugas tiñamos que debuxar unha flor en cada unha das fichas e para iso a profe púxonos un gomet na man dereita a todos e cando dicía cambio pasábamos a ficha ao amigo/a que tiñamos nese lado así ata que chegou (logo de "10 cambios") a nosa. Foi unha actividade moi divertida!!
Mirade que chuli!





Agora na nosa ficha temos unha flor de cada amigo/a!