Cada día está máis cheo o recanto do circo: peluches, contos, títeres, colares, cds, debuxos...un montón de cousas coas que estamos aprendendo. Hoxe todos probamos a nariz de pallaso, pois aproveitamos calquera momento para ir correndo a poñela, hoxe sacamos unha foto cada un e tamén nos inventamos un nome de pallaso.
Fixemos unha actividade do mago para o noso libro do circo e... ata maxia!
Picamos unha chistera, escribimos as palabras máxicas, botamos uns polviños máxicos e ta-chán! apareceu un coello dentro!!
Tamén escoitamos o cd de Miliki que nos trouxo Ramón e cantamos a canción do circo que aprendimos coa profe Paula.
Había una vez...... un circo, que alegraba siempre el corazón...lleno de color..un mundo de ilusión...
2 comentarios:
Ola profe Lore! que idea máis bonita a de traballar sobre o circo, da tanto xogo. Dende este ladiño da ría tamén imos animarnos e meternos de cheo no mundo circense, seguro que o vosa aventura nos sirve de moita axuda. Un saúdo!!!
Hola Paula! pois nós encantados de que vos sirva o que facemos!a verdade é que os nenos/as están moi entusiasmados co tema!
Calquera cousa aquí estamos!
un bico!
Publicar un comentario