Onte tan pronto chegamos ao cole xa arrancamos de excursión! Pasamos a recoller aos nosos compis do CRA de Meis e diríximonos a Vigo. Alí, divididos en dous grupos visitamos Salinae no Centro Arqueolóxico do Areal onde aprendemos moitas cousas sobre a sal e incluso probamos diferentes tipos dela.
Ademais tamén visitamos a Fundación Laxeiro, logo de ver algúns dos seus cadros e aprender algunha cousiña da súa vida fixemos un obradoiro no que os máis pequeniños completaron unha obra súa e os máis maiores fixeron un retrato.
Pasámolo moi ben!!
Aquí deixamos unhas fotiños...
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario