A semana pasada fixemos uns simpáticos bonequiños aos que a profe lle chama Cespitos porque o seu pelo será céspede!!
Son moi sinxelos de facer e aos peques gústalles un montón!
Collemos unha media e botámos as sementes, logo area, atámos a media e cortamos a que sobra. Logo podemos facerlle o nariz cunha gomiña e adornalo con ollos móbiles, goma eva ou calquera outra cosa que nos guste.
Con auga e moito agarimo nuns días relucirá unha espléndida melena...e logo...os peques poderán exercer como perruqueiros cortándolle o pelo ao seu gusto!
De momento..só asoman uns pequenos peliños...MIRADE!:)
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
1 comentario:
Nós tamén os fixemos! xa estamos a punto de levalos para a casa...están moi peludiños!
Publicar un comentario