...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

31 de mayo de 2011

Pintamos con carbón!



Onte fixemos outra páxina do Libro das Cores e esta vez tocoulle á cor...NEGRA!! E para pintar o morcego desta actividade empregamos carbón! Tivemos que facela con moito coidado para non romper a folla e non manchala moito!!

Xogamos aos bolos!!

Hoxe no recreo a profe Maite baixou os bolos que fixo cos seus nenos cos botes dos bebibles e deixáronnos xogar con eles. QUE BEN O PASAMOS!!

Somos científicos!

E para identificarnos como tal fixemos unha tarxeta identificativa para o momento de facer os experimentos. Como xa sabedes estamos traballando coa auga e para coñecer as características desta...que mellor maneira que experimentar con ela! Xa sabemos que a auga non ter cor, por iso é INCOLORA e tamén sabemos que é INSÍPIDA, e todo grazas aos experimentos que facemos para comprobalo, por iso tamén aprendimos que hai sustancias que non se mezclan coa auga como o aceite, outras si como o azucre que se disolve...Seguiremos facendo máis experimentos para aprender moitas cousas máis..Aquí vos deixamos unhas fotiños destes pequenos científicos.

30 de mayo de 2011

Festa da auga....APLAZADA!

Debido a que previsión do tempo para mañán non é moi boa, queda aplazada a Festa da Auga ata novo aviso.

28 de mayo de 2011

Creamos contos!

Esta semana, sacando a idea do blog COUSAS DE PEQUES, inventamos os nosos propios contos. Decidimos o lugar no que ía pasar, os personaxes que ía haber, e algo que lles ía pasar e puxémonos mans á obra. Debuxamos o noso conto con rotuladores e logo a profe escribiu a historia tal e como nós lla contamos. Logo inventamos un título e escribímolo e por suposto puxemos o noso nome, como autores que somos destas fantásticas obras. E cando xa estaban todos os contos feitos lemos cada un o seu aos nosos amigos...
"Los chicos que se besan", "O monstruo","Aitana e a bolboreta","A mozo salva a Barbie", " A princesa no bosque", " O cohete"...sólo son algúns exemplos de títulos que inventaron estes pequechos!!
Mirade que chulis:







GRAZAS A ESTE BLOG AMIGO POR TODO O QUE NOS ENSINAN!!

FESTA DA AUGA!!

O martes 31 de Maio, no cole e debido a que é centro de interese que estamos traballando, celebraremos a Festa da auga.
Para iso e como xa vos mandamos na nota, os nenos terán que vir co bañador posto por debaixo da roupa (que será cómoda para que poidan vestirse sós: vestidos, traxes playeros..), e calzados con sandalias/chanclas de goma que se poidan mollar.
Na mochila traerán unha toalla, crema protectora e unha muda interior (braga/calzoncillo).
Confirmaremos o luns se a celebramos ou non, dependendo do tempo.
Tamén poden traer cousas para xogar con ela (se ten o nome, mellor).
QUE BEN O IMOS PASAR!!

Xogamos cos nosos nomes

Durante este curso a profe participou nun grupo de traballo sobre as TICS e que lle serviu para aprender a facer moitas cousiñas chulis e entretidas. Para comezar fixo este xogo cos nosos nomes, nós gravamos a voz, sacounos fotos e .... aquí está o resultado...Aínda está aprendendo, pero non quedou nada mal, non? Estes días xogamos na clase pero o deixamos aquí para que tamén o fagan na casa.


25 de mayo de 2011

FoTo dE fAmiLiA!!

Aquí vos deixamos unha foto de familia de todo o cole que sacamos hai uns días.
PA-TA-TAAAAAAAAAAAA!

24 de mayo de 2011

Parabéns Ramón!!

Hoxe este gatiño cumpriu 4 aniños!! Pero que maiores se fan estes peques!!
Moitas felicidades e a cumprir moitos máis....!!

Abellas da primavera...

 A semana pasada fixemos unhas abelliñas para decorar un pouquiño máis o noso corredor. Primeiro picamos a silueta do que ía ser o corpo en goma eva amarela, logo pintamoslle unha banda negra e pegámoslles unhas ás, uns olliños e aquí tendes o resultado...de momento revoan por riba das nosas flores pero moi pronto nos servirán para facer outras cousiñas...xa veredes ;)

18 de mayo de 2011

Unha tartaruga finalista!

Onte na Piscina Municipal de Cambados celebrouse o XIII Campionato de Natación en idade escolar e a nosa tartaruga Carolina representou ao CEIP Armenteira na categoría F quedando en 4ª posición!! Noraboa pequecha!! Os peques hoxe contábanmo orgullosos e a súa familia quixo compartir con todos/as nós estas bonitas fotos! GRAZAS! E, de novo, NORABOA!
Mirade como luce orgullosa a súa medalla!!


15 de mayo de 2011

Bo día familias!!

Hoxe celébrase o Día da Familia e no cole durante estes días estivemos traballando entorno a estes seres queridos que todos temos.
E como vimos con este traballo existen diferentes tipos de familias: cunha mamá soa, con dúas mamás, con fillos adoptados, con padrastro ou madrastra...non importa como sexa a familia, pois cada unha é ESPECIAL.
Fixemos un libriño empregando diferentes técnicas plásticas, empaquetámolo e regalámosllo a nosa familia. ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA!!
Disfrutade do día!!

14 de mayo de 2011

FELICIDADES SARA!

A nosa tartaruga Sara estivo de cumple! Xa ten 5 aniños!!
Parabéns!!!!

o XXV aniversario do cole!!

O Venres pasado como xa sabedes celebramos o 25º cumpreanos do cole. A verdade é que se achegou moita xente: autoridades, ex-alumnos, ex-mestres, alumnos/as e mestras actuais...Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos a mostra.
Se visitades o blogue do cole ou o seu facebook tendes moitas máis fotos!

Ao teatro!

O luns os nenos/as de infantil fomos a ver unha obra de teatro "Cando chove e raia o sol", onde uns títeres moi simpáticos nos contaban unha historia das estacións. Ademais como é costume neste tipo de saídas primeiro pasamos polo parque para merendar e xogar un pouquiño.
O mércores colgamos as fotos, pois quedarónnos na cámara do cole... :((

6 de mayo de 2011

Hoxe, festa para todos!!

Como xa todos/as sabedes hoxe festexamos o XXV aniversario do cole cunha festa como se me

rece!! A partir das 5 da tarde estades convidados: papás, mamás, avós, avoas, irmáns, irmás, curmáns, tíos... NON FALTEDES!
se pinchas na imaxe verás o programa ampliado

5 de mayo de 2011

Saímos de excursión!

Onte tan pronto chegamos ao cole xa arrancamos de excursión! Pasamos a recoller aos nosos compis do CRA de Meis e diríximonos a Vigo. Alí, divididos en dous grupos visitamos Salinae no Centro Arqueolóxico do Areal onde aprendemos moitas cousas sobre a sal e incluso probamos diferentes tipos dela.
Ademais tamén visitamos a Fundación Laxeiro, logo de ver algúns dos seus cadros e aprender algunha cousiña da súa vida fixemos un obradoiro no que os máis pequeniños completaron unha obra súa e os máis maiores fixeron un retrato.
Pasámolo moi ben!!

Aquí deixamos unhas fotiños...

3 de mayo de 2011

Libriños murais que non vos ensinamos..

Xa temos no cole todos os libriños-murais, con eles aprendimos moitas cousas: refráns e poemas da primavera, os animaliños que saen na primavera, a roupa que pomos, os cambios climáticos...un montón de cousas!!
non me canso de dicir, GRAZAS FAMILIAS! POR ESTE ESTUPENDO TRABALLO!!








2 de mayo de 2011

Novo proxecto!!

A semana pasada o trasniño deixounos unha carta suxeríndonos traballar sobre a auga e así o imos facer. Ao cole xa chegaron moitas cousiñas para xogar e investigar: embudos, coladores, caldeiros...
Mandádenos moitas cousiñas para aprender un montón!!Algunha fotiño do momento de tocar o que había dentro da caixa máxica...





Que ricos zumes!!

O venres no cole tivemos un día un pouco especial pois tivemos un obradoiro de bebidas saudables que realizou o SPAD de Vilagarcía.
Xa ao comezo da mañán estivemos vendo unha peli "Vecinos Invasores" na que intentaba concienciarnos un pouquiño sobre o consumismo. Logo os peques merendamos e saimos ao recreo mentres que os maiores escoitaban unha charla sobre bebidas saudables, logo disto axudaron prepararon os seus propios zumes e nós tamén subimos a probalo!!
Que ricos e fresquiños estaban!!