...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

31 de enero de 2011

Os nen@s da Armenteira queremos a Paz!

Hoxe no cole celebramos o Día da Paz,os máis pequechos, os nenos/as de infantil levamos a pombiña que fixemos coas nosas mans.

Os máis maiores contáronnos unha historia moi bonita sobre as diferenzas, leron poemas e citas e logo todos coa profe Paula bailamos e cantamos a canción que estivemos ensaiando estes días. Que ben o fixeron, esta profe é unha artista!!
Acabamos a mañán xogando a xogos cooperativos coa profe Alba, os peques xogamos co paracaídas como lles gustou!!


28 de enero de 2011

Felicidades Alba!


Hoxe celebramos o cumple de Alba, que xa son 5 aniños!!! Pero que maiores que se fan estes nenos/as!!
Trouxonos unha tarta que estaba riquísima! Foi a raíña do día!!
Que ben pasamos!

27 de enero de 2011

A maleta viaxeira comeza a súa aventura!

Primeiro visitou a casa da profe, e hoxe marchou de viaxe con Tania, a ver que nos conta a súa familia!
Recordade papis que dentro van algúns materiais que podedes empregar e a maiores todos os que queirades.
Disfrutade da visita!

26 de enero de 2011

Algunha novidade...

"Que pasaría se...?" Hoxe engadimos esta rutina na asemblea e é que todos os mércores soltaremos a nosa imaxinación (un pouquiño máis se cabe) é daremos resposta a cuestións moi variopintas. Hoxe tocou:
QUE PASARÍA SE PUIDESEMOS VOAR?...
Carolina: viría un paxaro e nos lastimaría e caeríamos ao chan.
Tania: suelo.
Paloma: Se podemos volar podemos ver as nubes.
Ramón: un paxaro danos co pico.
Profe: que máis pasaría se puidesemos voar, Sara?
Sara: caeríamos.
Profe: se puidesemos voar,caeríamos? Non teríamos porque caer se souberamos voar non?
Varios: Gústanos voar.
Aitana: Le pediamos perdón a los pajaritos.
Carolina: Ver o sol.
alguén: e taména luna.
alguén: poderíamos comer a luna.
Profe: como no conto de "A que sabe a Lúa?"
Alguén: a min non me gusta, a min gústame o peixe con patatas.
Alguén: Chocamos contra sol.
Tania: e queimámonos.
Profe: que pasaría Alba se puidesemos voar?
Alba: yo tengo unas alas pero son de juguete...
Profe: pero tú imaginate que si que puedes volar, que pasaría?
Alba: ummmm....
Aitana: Podemos chocar con los arboles a que si?
Alba: podríamos volar por encima de las casas.
Carolina: cando nos van a crecer alas?
Profe: non nos van a crecer, porque as personas non temos ás, sólo estamos imaxinando.....
Ademais desta nova proposta tamén estivemos traballando no noso proxecto, os nenos/as están moi motivados cara o coidado do medio e deseguida lle chama a atención todo papel que atopan no patio ou na clase, tirar o lixo en cadanseu contenedor xa é unha rutina na nosa clase.
Tamén traballaron coa profe Sagrario e fixemos unha manualidade para o Día da Paz.
Ademais lemos o conto "Avós" da editorial Kalandraka, un libro que recomendo a todos/a!

 Falamos dos seus avós, como se chamaban e saíron temas moi interesantes. Logo fixemos o debuxo do conto, que recolleremos nun dossier con todos os que lemos ao longo do trimestre.E por suposot xogamos nos recantos, que lles encanta, aínda que ultimamente levan moi mal o de recoller....
Xa vos iremos contando máis cousiñas...


...A Paz...

Fai uns días que os peques preguntan por este día, pois falaron del coa profe Mª José así que o outro día adicamos a asemblea a este tema e isto foron as respostas dos cativos a miña pregunta:
Que é a Paz?
Ramón: No pelear.
Paloma: Non discutir.
Carolina: Non rabuñar.
Sara: Non dar patadas.
Iria: Non romper as cousas.
Paloma: Non enfadarse.
Carolina: Non tirar da coleta.
Lorena: Non pelear no columpio.
Sara: Non tirar das orellas.
Aitana: cando estamos de cumpleaños si.
Profe: claro, cando estamos de cumple tiramos despacito.
Alguén: non romper os columpios.
Alejandro: Cando fomos ao parque había un columpio roto.
Profe: Pois hai que ter moito coidado e coidalos.
Paloma: non tirar area a cara nin neve.
Carolina: Non tirar area nos ollos.

Logo de facer este remuíño de ideas explicamos que celebraremos o Día da Paz o luns 31 (rodeámolo no calendario) e todas as mañáns contamos cantos días faltan.
Coa profe Paula estamos aprendendo unha canción e ademais fixemos algúns traballiños para conmemorar este día, entre elas levamos para a casa unha pomba branca e coa axuda das familias escribimos unha palabra ou frase relacionada coa Paz a profe colgounas na árbore que temos no cole co resto das pombas de todos/as os nenos/as...mirade como esta quedando...

Coñecemos o cadrado...

Logo de buscar formas cadradas e de facer diferentes xogos para recoñecer esta figura a profe propúxonos facer o corpo da serpe Silvia, baixo a premisa"Círculo-cadrado-círculo..." e así nos quedou!!

Logo fíxemos o mesmo cada un na súa ficha con gomets!

Felicidades Aitana!

O luns a nosa gatiña Aitana estivo cumpriu 4 aniños!! Como non podía ser doutra maneira foi a raíña do día e fixemoslle a nosa postaliña regalo entre todos!! Feliz cumple!

23 de enero de 2011

Así nos quedou o conto...

Como xa vos adiantamos estes días convertémonos en auténticos ilustradores, e entre todos estivemos facendo a noso propio conto de "La cigarra y la hormiga". A profe escribiu o texto a ordenador pegouno en cartolinas e a partir de ahí todos/as participamos debuxando as personaxes, facendo pequenos detalles como a herba, flores, neve....empregando diferentes técnicas e incluso escribindo, aquí tendes o resultado.
O venres como toca levar o conto este tamén entrou a formar parte dos moitos que temos para escoller e como todos o querían levar...tocoulle a Irene que era a encargada, nos vindeiros días poderán levalos os demais pequechos para ensinarllo as familias.




Ademais tamén escoitamos a canción de Enrique y Ana que nos conta a historia destas personaxes e que podedes escoitar premendo aquí (Grazas a profe Paula do blogue amigo Tizas de Colores por achegarnos esta idea!)

20 de enero de 2011

Que fixemos hoxe?

Hoxe no cole as tartarugas coñecimos a vogal O, bueno xa a coñecíamos pero hoxe traballámola: fixemos o seu trazo para melloralo, buscamos palabras que empezaran por esta letra e cada vez o facemos mellor!sairon un montón: oca, orella, ollos, oso algunhas moi curiosas como orejotas!! :)
 Tamén rematamos un esquimal que comezamos a facer onte, pintamos, pegamos a nosa foto no lugar da cara, pegamos algodón e puxémoslle un peixiño....ta-chán!!! aquí estamos convertidos en esquimais! agora están adornando o noso corredor..para darlle un toque invernal!! nos vindeiros días faremos máis cousas xa volas ensinaremos!! De momento..mirade os esquimais?! Gustanvos como nos quedaron??
Pero o máisnovedoso do día foi sen dúbida a presentación da maleta viaxeira!  A profe ensinounola e explicounos que nuns días comezaría a viaxar por todos os fogares. Dentro da maleta vai o libro viaxeiro titulado "Nós somos.." no cal nos iremos presentando e así coñecerémonos un pouquiño mellor. Non vos asustedes papis!! que é moi sinxeliño: só tendes que contarnos cousiñas dos nenos/as: o que lles gusta facer, o que non, poñernos fotiños, presentarnos a familia, as mascotas, anécdotas da familia...o que queirades...todo serve e seguro que o faredes xenial! O que si é importante é que terá que estar de volta o día que toque para que poida visitar outro fogar e sobre todo....teremos que coidalo un montón así como os materiais que irán na maleta e qeu poderedes empregar para facer a actividade. Será unha actividade moi moitivadora para os cativos pois de volta no cole serán os protagonistas e terán que contarnos e ensinarnos a súa páxina.... A viaxe comeza na casa da profe a ver que nos conta....

Como sabedes tamén estamos traballando o inverno e para iso empregamos a fábula de "La cigarra y la hormiga" pois hoxe pintamos as personaxes a profe plastificounas pegounas nun depresor e levámolas para casa para contarlle a historia ás familias.
Ademais xa temos rematado o conto feito por nós..mañán ensinarémosvolo!!
De momento nada máis que contar....un bico!!

19 de enero de 2011

..Comezamos a reciclar...

Hoxe a profe trouxo un xogo co cal xogamos na asemblea. Primeiro presentounos aos personaxes protagonistas: un contenedor de cada cor e recordamos do outro día o que tiñamos que tirar en cada un. E logo...tivemos que poñelo en práctica! A profe repartiunos imaxes de diferentes obxectos e nós tivemos que colocalo no contenedor correspondente...e a verdade é que o fixemos moi ben! Case todos sabiamos onde tiñamos que poñer cada cousa!
Pero isto non acabou aquí..non, non!! fixemos entre todos 3 tipos de contenedores para a nosa clase e na hora da merenda xa os estreamos e con moitas ganas!!
Paloma co contenedor de restos orgánicos.

Tania co contenedor de papel e cartón.
  
Ramón co contenedor de vidro.                        
     
Dou as grazas as familias que nos mandaron cousiñas para traballar este proxecto porque grazas a elas, mirade que cheiño está quedando o recanto do proxecto..