Esta semana engadimos unha nova norma que debemos cumplir á hora de ir xogar aos recantos. Pois sempre había problemas por ir todos ao mesmo. Así que decidimos regulalos desta maneira: en cada recanto hai un cartel con ocos nos que debemos colocar os carnés dos recantos, polo tanto se non hai oco libre teremos que escoller outro recanto. É moi fácil e de seguida aprendimos o seu funcionamento. Ás veces non estamos todos conformes porque non temos sitio no recanto que queremos, pero cando toca cambio podemos ir a outro e así pasamos por varios recantos e non estamos sempre no mesmo..
E así temos un ambiente moito máis tranquilo e ordenado na hora do xogo nos recantos....
1 comentario:
SI, XA ME CONTOU CAROLINA QUE TEN UN CARNÉ PARA IR XOGAR ÓS RECUNCHOS E QUE DE CANDO EN CANDO TEÑEN QUE INTERCAMBIAR PARA QUE POIDAN XOGAR OUTROS COMPAÑEIROS NA CASIÑA, NA PELU, ETC. ESTÁ LA MAR DE CONTENTA CON TODAS AS NOVAS AVENTURAS QUE LLE PROPÓS A DIARIO.
MOITOS BIKOS E DA GUSTO UNHA PROFE COMA TI. A MIÑA MAIS SINCERA NORABOA. ANIMO!!!
Publicar un comentario