Esta semana fixemos estes trasniños. Non nos resultou moi difícil de facer porque todos sabemos facer boliñas e churros coa plasti, para montalo axudounos a profe e aos máis pequechos tamén co gorro que había que aplastar un pouquiño a punta. Logo botámoslle cola para que quedasen super brillantes!
O pelo é folla seca e o corpo é unha noz e
tod@s probamos este froito seco, e gustounos moito!!
3 comentarios:
son preciosos,
quedaron moi pero que moi ben
¡vaia creatividade!
Que chulada de trasniños!!!! creo que me vou a poñer eu na casa a facer esta manualidade, que co que está a chover!!!! non se pode nin saír!!!
moitas grazas por compartir esta idea tan chuli!!!
Bea
A verdade é que quedaron moi simpáticos e son moi sinxeliños!
Nós estamos encantados de que vos gusten as cousiñas que facemos e de que saquedes ideas!! un saudiño armenteiro ;)
Publicar un comentario