Enfadados, alegres, tristes, sorprendidos...!?!?!?
Hoxe no cole comezamos a traballar os diferentes estados de ánimo e fixémolo como é habitual na aula de infantil...cun xogo!
A profe ensinábanos unha tarxeta co debuxo dunha cara e nós tiñamos que adiviñar como se sentía ese neno ou esa nena. Pero o máis divertido foi imitalos...
Pouco a pouco seremos capaces de expresar como nos sentimos...pero para iso antes, temos que recoñecer eses diferentes estados...
Á volta das vacacións engadiremos unha rutina moi relacionada con isto...xa vola contaremos!!
De momento deixámosvos unhas fotiños deste ratiño tan divertido!
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario