Hoxe foi un día un tanto "especial" debido a gran capa de xeo que cubría á estrada que leva ao cole. Tan só 4 profes fomos capaces de chegar, saídas da estrada, retencións nas autopistas,..por uns motivos ou outros houbo profes que non deron chegado. Tamén foron moitos os nenos/as que polas mesmas razóns non viñeron ao cole, por iso e como eramos pouquiños xuntámonos todos para xogar, ver unha peli e facer algunha manualidade de Nadal.
Así pasamos a xornada de hoxe!! Disfrutade moito da ponte e recordade que non volvemos ao cole ata o xoves 9 de Decembro. E moita precaución aos que ides viaxar!
MOITAS GRAZAS A TOD@S NOS QUE NESTES DÍAS CAÓTICOS PRESTADES A VOSA AXUDA!!
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario