...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

30 de noviembre de 2010

27 de noviembre de 2010

Aprendemos co noso nome

Onte os gatiños comezaron a facer uns traballiños co seu nome para recopilar e facer un libriño...Pois a través dos nomes traballamos moitas cousas nas rutinas, pois todos os días co nome do encargado...contamos as súas letras, os seus saltitos (sílabas), comparamos os demais nomes para ver se é máis longo ou máis curto, decimos o nome de todas as súas letras e buscámolas nos caixóns para compoñelo, decimos que máis nomes empezan pola mesma letra, buscamos a páxina correspondente no libro de nomes, firmamos o cadro do día.....
Aquí vos deixamos a actividade que fixeron onte:

As tartarugas fixeron tamén o seu libriño, pero xa a comezos de curso, aquí vos deixamos algunhas das actividades que o compoñen:

26 de noviembre de 2010

O Libro Botiquín

Onte e hoxe tamén estivemos engadindo os utensilios ao noso Libro botiquín. Xa temos xiringa, algodón, tiritas...e iremos engadindo máis cousiñas..xa veredes!


Nova rutina..

Esta semana engadimos unha nova norma que debemos cumplir á hora de ir xogar aos recantos. Pois sempre había problemas por ir todos ao mesmo. Así que decidimos regulalos desta maneira: en cada recanto hai un cartel con ocos nos que debemos colocar os carnés dos recantos, polo tanto se non hai oco libre teremos que escoller outro recanto. É moi fácil e de seguida aprendimos o seu funcionamento. Ás veces non estamos todos conformes porque non temos sitio no recanto que queremos, pero cando toca cambio podemos ir a outro e así pasamos por varios recantos e non estamos sempre no mesmo..
E así temos un ambiente moito máis tranquilo e ordenado na hora do xogo nos recantos....



Como cada venres...

os gatiños e as tartarugas visitan a biblioteca para coller un libro que levarán a casa todo o fin de semana. Disfrutade moito dos contos peques! E recordade coidalo moito!!








Tamén todos os Veners que o tempo nos acompaña, saímos ao parque. Hoxe aproveitamos os raíños de sol, aínda que facía un pouco de frío. Correndo, saltando e subindo e baixando.. os peques non o tiñan!!



25 de noviembre de 2010

Encántanos cantar!

Por iso vos deixo unha canción que aprendemos esta semana! E que aos peques lles encantan!!
video

24 de noviembre de 2010

Hoxe, votamos...

Os maiores decoraron os peóns para participar no concurso, e hoxe os gatiños e as tartarugas fomos a votar ao peón que máis nos gustaba, a verdade é que foi díficil decidirse por un...SON TODOS PRECIOSOS!! NORABOA RAPACES POR ESTE TRABALLO TAN CHULI!

O número 1

Os gatiños xa coñecemos o nº1 e hoxe fixemos unha actividade con el. Recortamos trociños de papel charol pegámolos dentro da súa silueta e logo pegamos tamén un gomet no saquiño que debuxou a profe. Agora adornan a nosa aula para que non nos olvidemos de como se chama este número!

Que ten un botiquín?

Seguimos traballando no proxecto do corpo e por suposto, relacionándoo cos coidados e enfermidades deste. Onte falamos dos accidentes e das situacións perigosas e hoxe das consecuencias destes. Por iso a profe nos ensinou un botiquín, xa sabíamos moitas cousas del pois temos un de xoguete no recanto do xogo simbólico, pero hoxe ensinounos un de verdade!!

Logo a profe propúxonos facer o noso propio "Libro-botiquín" e puxémonos mans á obra. Comezamos coa XIRINGA coloreamos o seu debuxo e fixemos con papel prateado un agulla, as tartarugas escribiron o seu nome e así quedou a nosa primeira páxina...Xa volo iremos ensinando!

23 de noviembre de 2010

Coa profe Alba...

Pasámolo xenial! Encántanos as súas clases e xogar no ximnasio con todos os materiais! E senón mirade nas fotos que ben o pasamos...

20 de noviembre de 2010

Para xogar coa natureza!

Deixovos un enlace para crear personaxes con elementos naturais do Outono. É moi similar ao dos alimentos...seguro que que aos peques lles encanta!

19 de noviembre de 2010

As nosas pegadas...

Hoxe falamos das pegadas, das partes do noso corpo que poden deixar pegadas e como estamos construíndo un libriño do corpo puxémonos man á obra...estampamos os nosos pés, as nosas mans, os nosos dedos e os nosos beizos!! Isto encantounos porque ademais a profe deixounos andar cos beizos pintados o resto da mañá...pero que presumidas estas pequechas!!! Anduveron todo o día con moito coidado de non borrarse!
Ademais aproveitamos os nosos zapatos para facer una serie do máis grande (que era o da profe) ata o máis pequeno.
Mirade...



O resultado foi este:

Trasniños do Outono

Esta semana fixemos estes trasniños. Non nos resultou moi difícil de facer porque todos sabemos facer boliñas e churros coa plasti, para montalo axudounos a profe e aos máis pequechos tamén co gorro que había que aplastar un pouquiño a punta. Logo botámoslle cola para que quedasen super brillantes!
O pelo é folla seca e o corpo é unha noz e tod@s probamos este froito seco, e gustounos moito!!



18 de noviembre de 2010

Fulanit@s...

A nosa porta da clase está un pouco "triste" por iso decidimos decorala un pouquiño e para iso onte logo de escoller o fulanit@ que máis nos gustaba (podedes coñecer a estes simpáticos monigotes na súa web http://www.fulanitos.eu/) coloreámolo, a profe recortounolos e pegoulles a nosa foto, plastificounos e ................TA-CHÁAAAAAAAAN!! AQUÍ ESTAMOS!!




a que quedaron simpáticos??

Seguimos co Outono...

Á vez que o corpo tamén estamos traballando esta estación do na que estamos, para iso estamos facendo un libriño e moitas cousiñas relacionadas. A profe contounos o conto dunhas folliñas que ao principio estaban tristes porque non querían caer da súa árbore pero logo gustoulles a idea de voar cos paxaros...
Tamén fixemos estas divertidas castañas que adornarán o noso corredor.

 Agora esperaremos a ver se ben un día bo para celebrar o Magosto!!

17 de noviembre de 2010

Arboriña coas nosas mans"


Fai xa días (cando as características desta estación se fixeron máis "palpables") fixemos unha actividade que aínda non vos ensinaramos, aínda que dende aquela decora a nosa clase. Sacamos a idea dun blogue amigo e empregando as nosas mans fixemos a silueta dunha arboriña do Outono, logo fixemos as poucas folliñas que quedaban con boliñas de papel de seda, colocamos un nubarrón cargadiño de choiva e así nos quedaron estes traballiños!!!