QUE PASARÍA SE PUIDESEMOS VOAR?...
Carolina: viría un paxaro e nos lastimaría e caeríamos ao chan.
Tania: suelo.
Paloma: Se podemos volar podemos ver as nubes.
Ramón: un paxaro danos co pico.
Profe: que máis pasaría se puidesemos voar, Sara?
Sara: caeríamos.
Profe: se puidesemos voar,caeríamos? Non teríamos porque caer se souberamos voar non?
Varios: Gústanos voar.
Aitana: Le pediamos perdón a los pajaritos.
Carolina: Ver o sol.
alguén: e taména luna.
alguén: poderíamos comer a luna.
Profe: como no conto de "A que sabe a Lúa?"
Alguén: a min non me gusta, a min gústame o peixe con patatas.
Alguén: Chocamos contra sol.
Tania: e queimámonos.
Profe: que pasaría Alba se puidesemos voar?
Alba: yo tengo unas alas pero son de juguete...
Profe: pero tú imaginate que si que puedes volar, que pasaría?
Alba: ummmm....
Aitana: Podemos chocar con los arboles a que si?
Alba: podríamos volar por encima de las casas.
Carolina: cando nos van a crecer alas?
Profe: non nos van a crecer, porque as personas non temos ás, sólo estamos imaxinando.....
Ademais desta nova proposta tamén estivemos traballando no noso proxecto, os nenos/as están moi motivados cara o coidado do medio e deseguida lle chama a atención todo papel que atopan no patio ou na clase, tirar o lixo en cadanseu contenedor xa é unha rutina na nosa clase.
Tamén traballaron coa profe Sagrario e fixemos unha manualidade para o Día da Paz.
Ademais lemos o conto "Avós" da editorial Kalandraka, un libro que recomendo a todos/a!
Falamos dos seus avós, como se chamaban e saíron temas moi interesantes. Logo fixemos o debuxo do conto, que recolleremos nun dossier con todos os que lemos ao longo do trimestre.E por suposot xogamos nos recantos, que lles encanta, aínda que ultimamente levan moi mal o de recoller....
Falamos dos seus avós, como se chamaban e saíron temas moi interesantes. Logo fixemos o debuxo do conto, que recolleremos nun dossier con todos os que lemos ao longo do trimestre.E por suposot xogamos nos recantos, que lles encanta, aínda que ultimamente levan moi mal o de recoller....
Xa vos iremos contando máis cousiñas...
2 comentarios:
Ola Peques!!!
Somos os Merliñ@s do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo.
Queríamos comunicarvos que fostes enlazados no noso blogue.
Convidámosvos de paso a visitar o noso blogue:
http://infantilmondonedo.blogspot.com.
Biquiños desde Mondoñedo.
Ola Merliñ@s encántanos que nos visitedes! Nós tamén os agregamos aos blogues amigos!!
unha aperta!!!!!
Publicar un comentario