Hoxe a profe trouxo un xogo co cal xogamos na asemblea. Primeiro presentounos aos personaxes protagonistas: un contenedor de cada cor e recordamos do outro día o que tiñamos que tirar en cada un. E logo...tivemos que poñelo en práctica! A profe repartiunos imaxes de diferentes obxectos e nós tivemos que colocalo no contenedor correspondente...e a verdade é que o fixemos moi ben! Case todos sabiamos onde tiñamos que poñer cada cousa!
Pero isto non acabou aquí..non, non!! fixemos entre todos 3 tipos de contenedores para a nosa clase e na hora da merenda xa os estreamos e con moitas ganas!!
|
Paloma co contenedor de restos orgánicos. |
|
Tania co contenedor de papel e cartón. |
|
Ramón co contenedor de vidro. |
Dou as grazas as familias que nos mandaron cousiñas para traballar este proxecto porque grazas a elas, mirade que cheiño está quedando o recanto do proxecto..
3 comentarios:
genial haber si se conciencian para cando sea mallores,felicidades profe,un saludo de Miguel Rodiño Graña
A verdade é que o fixeron moi moi ben! Tiraron cada cousa no seu lugar, agora formará parte das nosas rutinas así que seguro que na casa tamén lles gustará separar o lixo, anímovos a que levedes a cabo esta boa práctica.
Grazas Miguel!! un saúdo!!
Encántanme os colectores do lixo!! Seguro que vos axudarán moito a reciclar e coidar o noso planeta!!!
Un saúdo desde Nuestraclase
Publicar un comentario