Tamén rematamos un esquimal que comezamos a facer onte, pintamos, pegamos a nosa foto no lugar da cara, pegamos algodón e puxémoslle un peixiño....ta-chán!!! aquí estamos convertidos en esquimais! agora están adornando o noso corredor..para darlle un toque invernal!! nos vindeiros días faremos máis cousas xa volas ensinaremos!! De momento..mirade os esquimais?! Gustanvos como nos quedaron??
Pero o máisnovedoso do día foi sen dúbida a presentación da maleta viaxeira! A profe ensinounola e explicounos que nuns días comezaría a viaxar por todos os fogares. Dentro da maleta vai o libro viaxeiro titulado "Nós somos.." no cal nos iremos presentando e así coñecerémonos un pouquiño mellor. Non vos asustedes papis!! que é moi sinxeliño: só tendes que contarnos cousiñas dos nenos/as: o que lles gusta facer, o que non, poñernos fotiños, presentarnos a familia, as mascotas, anécdotas da familia...o que queirades...todo serve e seguro que o faredes xenial! O que si é importante é que terá que estar de volta o día que toque para que poida visitar outro fogar e sobre todo....teremos que coidalo un montón así como os materiais que irán na maleta e qeu poderedes empregar para facer a actividade. Será unha actividade moi moitivadora para os cativos pois de volta no cole serán os protagonistas e terán que contarnos e ensinarnos a súa páxina.... A viaxe comeza na casa da profe a ver que nos conta....
Como sabedes tamén estamos traballando o inverno e para iso empregamos a fábula de "La cigarra y la hormiga" pois hoxe pintamos as personaxes a profe plastificounas pegounas nun depresor e levámolas para casa para contarlle a historia ás familias.
Ademais xa temos rematado o conto feito por nós..mañán ensinarémosvolo!!
De momento nada máis que contar....un bico!!
3 comentarios:
Que esquimais máis guapos!!e que bonita che quedou a maleta!
Vin que estades traballando a cigarra e a formiga, hai unha canción de Enrique e Ana moi animada que igual che pode servir(igual xa a coñeces)titulase la cigarra y la hormiga.Un saúdo Lorena.
Grazas Paula!
A canción si que a coñecía escoitámola por primeira vez o venres e aos peques gustoulles moito!!
un saúdo!
Grazas Paula!
A canción si que a coñecía escoitámola por primeira vez o venres e aos peques gustoulles moito!!
un saúdo!
Publicar un comentario