Fai uns días contámosvos que pintaramos con bastonciños de limpar os oídos pero a profe despistouse e non vos ensinamos como de bonitos e coloridos quedaron estes cadros primaverais que agora adornan o noso corredor. Primeiro pintamos as flores, e logo picamos e decoramos con gomets unha pequena bolboreta, pegámola no cadro, puxémoslle unhas anteniñas de limpapipas e así nos quedaron...
Tamén fixemos unhas flores primaverais con platos de plástico. E como o fixemos?? moi fácil!! a profe deunos unha círculo onde cada un debuxou un debuxo da primavera, flores, bolboretas... Logo pegámolos nos platos, cortamos os pétalos e puxémoslle un rabiño que previamente pintamos e por suposto unha folliña. Logo a profe fixo as herbas con platos verdes e colgou todo no corredor para darlle un aire primaveral.
Pero...isto non é todo!! Nesta época do ano non poden faltar os insectos e bichiños que saen a pasear..polo que tamén fixemos unhas simpáticas bolboretas cos botes dos iogures bebibles e para iso empregamos ademais boliñas de porespán, ollos, cartolina, papel charon, pintura, gomets e alambre para as anteniñas...
Agora o noso corredor parece un auténtico campo primaveral!!
A ver se o tempo nos acompaña e disfrutamos desta estación tan colorida!!
Aquí vos deixamos unhas fotiños non só do resultado senón do proceso..
1 comentario:
Qué bonito ha quedado con los platos de plástico. Me gusta un montón.
Publicar un comentario