Fai un par de días que estreamos estación e na Armenteira notouse un montón! Vimos menos abrigados, no panel do tempo hai cada vez máis soles, e como non, os cativos están moito máis movidos...debe ser verdade que a primavera a sangue altera! o caso é que como coas demais estacións comezamos a facer cousiñas desta época tan bonita e colorida.
Hoxe a profe deunos un debuxo de flores e nós pintámolas pero non con rotuladores nin con ceras, nin tan sequera con pincel..non non! esta vez empregamos bastonciños dos que usamos para limpar os oídos, encántounos esta actividade!
Mirade... colliamos o bastonciño, mollábamos en pintura e con moito coidado para non sairnos...estábamos súper concentrados!
Xa vos ensinaremos como queda o noso cadro primaveral...de momento...mirade o proceso...
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
1 comentario:
que vergonza!!!
acabome de dar conta por medio das fotos que mandeille o mandilón equivocado a Carolina.
A boas alturas me entero, xa cando rematou a semana. Grazas por colgar as fotos, ás veces non só serven para ver o moitísimo que traballas e as cousas chulas que facedes,... JE, JE, Je
un bico
Publicar un comentario