Panel da asemblea |
Cada día estamos máis acostumados as nosas rutinas e é que xa levamos un mesiño de curso e pouco a pouco imos adquirindo os hábitos.
"o cadro do día" |
Todos os días ao chegar ao cole temos unha serie de actividades que non poden faltar, logo de poñer os mandilóns dirixímonos a asemblea onde alí escollemos o encargado mediante unha canción. Temos que estar moi atent@s porque á vez que cantamos "De quién sea este nombre que se levante..." a profe na pizarriña que temos vai escribindo unhas letras que corresponde ao nome dun gatiño ou dunha tartaruga, aos gatiños cústalles un pouco máis saber se é o deles porque aínda non o coñecen moi ben pero coa axuda das tartarugas pronto o recoñecerán. O encargad@ levántase e comeza as súas labores: ten que colocar a súa foto na ventá de encargado, pasar lista, ver os nenos que faltan e apuntalos, rexistrar o tempo que fai, anotar o día no que estamos, etc... ademais de completar o seu nome coas letras que temos nos caixóns. Logo entre todos contamos cantas letras ten o nome, e cantos saltitos (sílabas), tamén cantamos cancións do tempo atmosférico (Sal solito, Saiu o sol, que llueva que llueva...) e contamos o conto dos pingüíns. Ademais de falar no tempo de asemblea. Logo convertémol@ entre tod@s en pintor ou pintora cunhas palabriñas máxicas e fainos o cadro do día, onde se debuxan a eles mesmos que por suposto estará firmado! e ninguén pode borrar!
Busca tamén a súa letra no libro dos nomes para ver que outros nen@s da clase comezan pola mesma letra.Ser o encargad@a supón unha gran responsabilidade porque ademais de todo isto axuda a profe a repartir material, é o primeiro na fila, e ademais ten que regar as plantas que temos cando así o precisen...
Hoxe a nosa encargada foi Aitana e como a tod@s encántalle selo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario