Onte o trasniño máxico que visita a nosa clase de cando en vez...deixounos unha carta!
Unha carta na que nos contaba a súa preocupación pola saúde. Nela cóntanos que el é moi larpeiro e que lle encantan as chucherías pero que no bosque dos trasnos onde habita dinlle que iso de comer tantas lambetadas non é bo...Nós, as tartarugas e os gatiños, estamos dispostos a axudarlle e por iso faremos unha investigación sobre o noso corpo e as enfermidades....Seguro que aprendemos moitísimas cousas e poderemos informar ao trasniño do que é bo e do que é malo para a súa saúde.
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
1 comentario:
eu tamén teño usado un trasniño máxico na miña aula cos pequenos para traballar a filosofia para nenos con eles. da moi bos resultados.
un biquiño
Publicar un comentario