Profe: Vos tendes embigo?
Todos: Siiiiiiii!
Profe: onde?
todos: aquí! (sinalan a barriga, moitos incluso levantan a roupa e o ensinan)
Alejandro: Eu tamén teño!
Profe: Todos temos non?
Todos: si!
Carolina: O meu é pequeniño.
profe: e para que serve o embigo?
Ramón: para respirar.
Paloma: por se che doe a barriga.
Sara: porque se o tocamos moito sale sangue.
Ramón (insiste) : para respirar
Alejandro: Non! é para soplar!
Paloma: o aire vai por aquí, e métese pola nariz e logo sopla.
Profe: A ver, vos para que credes que serve o embigo?
Aitana: Para echar aire.
Profe: O voso embigo bota aire?
Todos: Non
Profe: Entón?
Lorena: No sé..
Alba: Mmmm..Cuanda duele el ombligo está mal..
Ramón: Eu creo que non, é para respirar.
Sara: es un burato.Coa lectura do conto e da axuda da profe, fomos entendendo que o embigo, si serve para respirar (como moitos dicían) pero cando aínda estamos na barriga de mamá...
No hay comentarios:
Publicar un comentario