Estes días estivemos moi atarefados acabando traballiños, ensaiando, adornando o cole...
Todos os traballiños os levamos na carpeta que tamén fixemos nós e que así nos quedou:
E aquí temos a Carolina que nos ensina ao Reno Rodolfo que fixeron coa profe Mª José.
Deixámosvos tamén un libriño no que traballamos as tradicións desta época do ano e ata buscamos como felicitar o nadal en diferentes idiomas!!
2 comentarios:
Encántame a carpeta!!!!
Podedes explicar como a fixéchedes???? Cómo cortáchedes a parte das asas??? Cun cuter, tesoiras,....???Vaia traballo para a mestra!!!
Un saúdo!!!!
Ola Raquel! a carpeta é moi faciliña, só tes que doblar unha cartolina das grandes a metade, pegar os bordes con aironfix, e logo recortar o oco da asa (eu corteinas con tesoiras a miña compi con cuter así que co que mellor te apañes!) e logo pegámoslle o pingüino que fixemos, estampamos os dedos para a neve e tamén é necesario reforzar as asas tamén cun anaco de aironfix xq levaba moito peso senón non fai falla.
Alegrámonos moito de que che guste!!
Publicar un comentario