...Para sorrir...

- A nosa encargada de hoxe, Aitana, estaba debuxando o cadro do día cando lle pregunto: e iso que estás facendo que é? un sol?. -Non profe, é unha araña. -Ah, claro. A ti gústanche as arañas? A min non me gustan! -Profe, non se comen eh!! (Por sea caso se me ocorría...) (28.09.10)

-Hoxe mirando as letras do Libro dos Nomes,cando chegou o turno da letra X que se ilustraba cun xilófono, pregunto: e esta letras como se chama? é a de piano (confunde alguén), non é a de xilófono-di Iria.-Si, é a de xilófono-afirmo. -Si, pero tiene unas mosquitas ahí...-di Aitana con cara de noxo mirando as notas musicais que saian do instrumento.(05.10.10)

-Hoxe aprendemos os nomes dos dedos, logo do corazón ao que me referín como "pai de todos" sinalei o seguinte (o índice ou furabolos) Ramón adiántase: "nai de todos"... (e con moita lóxica!si, señor!) (18.10.09)

-Cando Ramón, o noso encargado de hoxe estaba facendo o seu cadro, tod@s ían dicindo que tiña que debuxar: ollos, nariz, dentes..eu preguntáballe para que servía cada cousa. Cando Paloma di: Labios!! que serven para pintar! (está claro que é unha función imprescindible..) ;) (21.10.10)

- Hoxe estabamos traballamos froitos do outono e aprendemos que a bellota chámase tamén landra, en galego. Ademais Paloma, moi convencida pregúntame se sei como se dí en inglés, ante a miña negación dime moi convencida e cun acento moi británico: BE-LLOT! (sen palabras.... :) (12.11.10)

-Hoxe Alejandro cando tocou o timbre para entrar no cole, botouse a chorar porque quería ir co seu irmán. Moi apenado dime: É que eu son grande! -Si, claro que eres maior! -Por iso, teño que ir para a clase dos maiores!! (Razón non lle faltaba! :) (17.11.10)

-Hoxe logo de estampar os seus beizos Alba andaba con moito coidado para non borralos, por iso dixo moi emocionada : -Cuando vea esto mi madre va a flipar! (Flipar, flipamos tod@s con estes pequech@s!! ) (19.11.10)

-Fai uns días, os pequechos estaban coa profe Gloria traballando cando Alejandro moi serio se lle acerca e lle pregunta con moito sentimento: Profe, queres ser a miña moza? (13.12.10)

-Hoxe ensaiando o final da obriña que imos representar no festival, Aitana moi convencida levantou as mans cos compañeiros e desexounos un FELIZ CUMPLEAÑOS! (en lugar de Feliz Navidad) :) (13.12.10)

-Hoxe Carolina trouxo unha merenda moi especial...eran uns "palitos" como eles lles chaman que viñan nun bonito cofre entón a conversa das tartarugas na hora da merenda xurdiu en torno a tesouros e fantasía..Moi orgullosa do seu artiluxio lle dixo as súas amigas: - Comproumo miña mamá no "tesorario". (pura lóxica..se de herbas-herbolario, de tesoro...) :) (13.12.11)

-Hoxe na hora de escoller o recanto para xogar libremente, acércaseme Aitana apenada: -Profe, nadie quiere venir conmigo al Carrefour. Ao ver a miña cara de circunstancia, sinaloume o "recanto do súper". :) (19.01.11)

-Hoxe Paloma, que non é moi comedeira, interrumpe a actividade para mirarme moi seriamente e dicirme: -"Profe, a miña nai díxome que me doían as pernas porque solo teño huesos" (20.01.11)

-Hoxe no recreo lucía un sol radiante, tanto que Alba estaba un pouco incómoda: "Me molesta en los ojos esta claridad. Será mejor llamar a Dios para que apague un poco la luz". (10.03.11)

-O gatiño Ramón achégase a Alejandro que estaba sentado traballando, a ensinarlle algo, pero éste moi concentrado contéstalle: -Ramón non me interrumpas que me desconcentras". Estes gatiños fanse maiores...;) (16.03.11)

-Que día é hoxe? Vintee....(digo sinalando o número 20).
-Vintecero-contesta Alba moi satisfeita. A ver quen lle dí o contrario...:) (20.05.11)

-A profe Mª José logo de ver unha estrela que acababa de pintar Alba díxolle: -Alba, esta estrela podería estar mellor pintada.... -Profe, éste es mi arte!!- contéstalle ela moi emocionada. (24.05.11)

-Hoxe Paloma lastimouse o beizo coa mesa e logo de consolala e pasado un tempo. Mírase ao espello e dime...Profe! pero si parece que teño un "picnic" sinalando o golpiño. -Será un piercing-dígolle eu. -Si, eso un piercing rojo!! (07/06/11)

31 de octubre de 2010

Máis do samaín...

Deixámosvos algunhas actividades que fixemos para o noso libriño do Samaín co cal non só aprendemos cousas desta tradición senón que tamén traballamos conceptos espaciais,  lóxico-matemáticostécnicas plásticas, e un montón de cousas máis... Moitas das ideas foron sacadas do blogue de compañeiras que temos enlazadas nos Blogs que seguimos e que aproveito para felicitar!

os nosos portanotas

A nai de Lorena, Eva, regalounos uns sobriños de plástico para facer o noso portanotas. Que como o seu nome indica serviranos para levar as notas informativas do cole á casa sen mancharse, mollarse, romperse... Moitas grazas Eva! nós pegámoslle gomets para que quedaran así de chulis!
Así todas as notas viaxarán seguras na nosa mochila!!

29 de octubre de 2010

Que medooooooooooo!!

Hoxe foi un día de moito medo e sustos! Logo do recreo e despois de traballar durante toda a semana por fin puidemos lucir os disfraces que fixemos e tamén cantamos a canción da Bruxa Piruxa para todo o cole e fixémolo moi moi pero que moi ben! Ao igual que o fixeron os demais nen@s do cole que cantaron e bailaron e ata contaron contos moi chulis!
Despois fomos disfrazados polas clases dos maiores para meterlle sustos e a cambio dábannos chuches do Samaín co tradicional "Truco o Trato". Logo miramos unha peli de medo! Que ben o pasamos!

28 de octubre de 2010

3,2,1...SAMAÍN!

Esta semana estivemos moi atarefados facendo traballiños do Samaín xa que mañán o celebraremos dunha maneira terroríficamente divertida!!Xa vos contaremos xa...

Ademais os nenos/as trouxeron unhas cabazas moi chulis para a exposición do cole, a de Aitana ata tiña unhas sorpresiñas moi doces que compartiu cos seus amig@s!

26 de octubre de 2010

A nosa primeira excusión...

Onte fixemos a nosa primeira excursión do curso. Os gatiños eran a primeira vez que ían de excursión e tanto eles como as tartarugas se portaron moi ben. Visitamos o Café Moderno que estaba de aniversario, onde nos explicaron un pouquiño a súa historia, vimos unha película muda co son dun piano en directo (que nos encantou!) e logo convidaronnos a chocolate!
Todo despois de xogar e merendar no Parque da Alameda!

Felicidades Iria

Hoxe, por fin, celebramos o cumple de Iria (pois entre que a profe o tiña mal anotado e a excursión non tivemos tempo) fíxémoslle a súa felicitación e repartiunos uns cucuruchos con chuches e bombóns! Moitas grazas Iria e moitísimas Felicidades!!

24 de octubre de 2010

Cabazas do Samaín

Con motivo da celebración do Samaín, no cole imos a facer unha exposición de cabazas. Axudádelle aos nenos/as a facer a súa para que a poidan lucir nesta terrorífica exposición....

21 de octubre de 2010

Que medo!

Onte cando chegamos ao cole, vimos que xa estaba decorado con moitas cousas do Samaín que a profe Paula estivo colocando, e logo de falar na asemblea sobre esta tradición empezamos a facer cousiñas sobre esta festa que tamén se chama Halloween.
De momento fixemos uns morcegos para o corredor!


Tania ensínanos o seu
 Gústanvos?

Os dedos teñen nomes?

Esta semana estivemos traballando o nome dos dedos, falamos de que poden chamarse de moitos xeitos, pois coñecían nomes como pulgar ou meñique. Nós, aprendémolos cunha canción e fixemos unha man cos seus nomes para ensinar na casa.

"Pequeniño, pequeniño,
onde estás?
aquí estou.
Gusto en saudarte (bis)
Xa me vou (bis)"
Así con todos os dedos: pequeniño, medianiño, pai de todos, furabolos, matapiollos...ata acabar con toda a familia (man completa). Se lle preguntades aos nen@s seguro que saben!
Ademais tamén saben un contiño cos dedos!!
Deixamos unha foto para que vexades como quedou a man de Lorena, pois a profe esqueceuse de sacar fotos e só lla quitou a dela que a trouxo para arreglar hoxe, porque se lle rompeu

19 de octubre de 2010

O conto fonoarticulador

 O outro día a profe leunos un conto diferente ao que estamos acostumados que ela mesma fixo.Trátase dunha historia da serpe Simona e da abella Diana, coa que coñeceremos non só os sons dos diferentes fonemas senón mellorar na súa pronuncia.


As nosas rutinas


Panel da asemblea


 

Cada día estamos máis acostumados as nosas rutinas e é que xa levamos un mesiño de curso e pouco a pouco imos adquirindo os hábitos.

"o cadro do día"

Todos os días ao chegar ao cole temos unha serie de actividades que non poden faltar, logo de poñer os mandilóns dirixímonos a asemblea onde alí escollemos o encargado mediante unha canción. Temos que estar moi atent@s porque á vez que cantamos "De quién sea este nombre que se levante..." a profe na pizarriña que temos vai escribindo unhas letras que corresponde ao nome dun gatiño ou dunha tartaruga, aos gatiños cústalles un pouco máis saber se é o deles porque aínda non o coñecen moi ben pero coa axuda das tartarugas pronto o recoñecerán. O encargad@ levántase e comeza as súas labores: ten que colocar a súa foto na ventá de encargado, pasar lista, ver os nenos que faltan e apuntalos, rexistrar o tempo que fai, anotar o día no que estamos, etc... ademais de completar o seu nome coas letras que temos nos caixóns. Logo entre todos contamos cantas letras ten o nome, e cantos saltitos (sílabas), tamén cantamos cancións do tempo atmosférico (Sal solito, Saiu o sol, que llueva que llueva...) e contamos o conto dos pingüíns. Ademais de falar no tempo de asemblea. Logo convertémol@ entre tod@s en pintor ou pintora cunhas palabriñas máxicas e fainos o cadro do día, onde se debuxan a eles mesmos que por suposto estará firmado! e ninguén pode borrar!
Busca tamén a súa letra no libro dos nomes para ver que outros nen@s da clase comezan pola mesma letra.
Ser o encargad@a supón unha gran responsabilidade porque ademais de todo isto axuda a profe a repartir material, é o primeiro na fila, e ademais ten que regar as plantas que temos cando así o precisen...
Hoxe a nosa encargada foi Aitana e como a tod@s encántalle selo!

Libro dos nomes

18 de octubre de 2010

A poesía...

da"Escola do mar" que traballaron as tartarugas nos primeiros días de cole recollémola nun libriño, como vos dixemos, que quedou así. Mirade!

14 de octubre de 2010

Para que serve o embigo?

Hoxe a profe leunos o conto que trouxo Carolina, "O embigo de Xanecas " (Ed.OQO) pero antes falamos do que era o embigo...

Profe: Vos tendes embigo?
Todos: Siiiiiiii!
Profe: onde?
todos: aquí! (sinalan a barriga, moitos incluso levantan a roupa e o ensinan)
Alejandro: Eu tamén teño!
Profe: Todos temos non?
Todos: si!
Carolina: O meu é pequeniño.
profe: e para que serve o embigo?
Ramón: para respirar.
Paloma: por se che doe a barriga.
Sara: porque se o tocamos moito sale sangue.
Ramón (insiste) : para respirar
Alejandro: Non! é para soplar!
Profe: Pero vos respirades polo embigo?
Paloma: o aire vai por aquí, e métese pola nariz e logo sopla.
Profe: A ver, vos para que credes que serve o embigo?
Aitana: Para echar aire.
Profe: O voso embigo bota aire?
Todos: Non
Profe: Entón?
Lorena: No sé..
Alba: Mmmm..Cuanda duele el ombligo está mal..
Ramón: Eu creo que non, é para respirar.
Sara: es un burato.

Coa lectura do conto e da axuda da profe, fomos entendendo que o embigo, si serve para respirar (como moitos dicían) pero cando aínda estamos na barriga de mamá...

Felicidades!

Onte e hoxe foron días de celebracións. Tania cumpriu 4 aniños e Irene 3. As dúas decoraron ao seu gusto a súa coroa de anfitrona que luciron orgullosas. Cantámoslle varias cancións de cumpreanos e fixémoslle unha tarxeta-agasallo entre tod@s. Ademais elas trouxéronnos chuches!!
 













9 de octubre de 2010

Cantas cousiñas..

Xa temos moita información para comezar a traballar. De novo, agradezo a colaboración das familias, grazas a elas mirade que cheíño temos o noso recanto do proxecto..
Ademais, Eva, a mamá de Lorena mandounos un agasallo a cada gatiño e cada tartaruga: un cepillo de dentes e un botiño de pasta! Co fin de concienciar aos nenos/as cara un bo coidado bucodental!
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

7 de octubre de 2010

Grazas familias!

Por mandar xa algúns materiais para traballar o noso proxecto! Calquera cousa que credes que poida servir, non dubidedes en mandalo!
un saúdo!!

A cor amarela...

Logo de sacar a idea do blog dunha compañeira decidín facer un libro de cores. Aínda que no cole estamos continuamente traballándoas de maneira "inconsciente", esta semana tocoulle á cor amarela. Xogamos ao "vexo-vexo", recolectamos cousas de cor amarela e fixemos a páxina desta cor. Hoxe acabamos a actividade pegando no cascarón do poliño cáscaras de ovo de verdade!

6 de octubre de 2010

Para mover o esquelete...

Deixovos a canción que bailamos hoxe. Aos peques encantoulles!

Quedamos abraiados!

Hoxe na clase apareceu unha caixa máxica!! si, si! así como volo digo! Bueno, algúns xa a viron onte cando acompañaron aos papis á reunión pero desconfiamos de que fóra o trasniño máxico onte ao saír nós...
Esta caixa ten unha manga para meter a man o que nos permite tocar o que ten dentro antes de abrila e de ver o que hai dentro, e claro...todos probamos a ver que sentiamos!! todos os gatiños e todas as tartarugas meteron a man e coincidiron en que tocaban un papel, agás 1 ou 2 que tocaron tamén un libro e ata unha cuna lle pareceu sentir a Ramón!!
E efectivamente, ningún ía mal encamiñado, cando Alejandro, que era o encargado do día abriu a caixa alí estaban: un conto dos Bolechas, un póster dun esquelete, un depresor dos que teñen os médicos para ver a gorxa e unha venda!
Agora si que xa temos cousas para ir investigando...

5 de octubre de 2010

que sabemos do corpo? e da saúde e as enfermidades?

Logo da carta do trasniño, na asemblea falamos de todo isto....

PROFE: que sabedes das enfermidades?
SARA: é a varicela
ALEJANDRO: meu irmán tiña varicela e quedou na casa un día
PALOMA: hai que comer patatas, carne...
PROFE: comer iso é bo?
CAROLINA: si, lechuga..
PALOMA: ensalada, aceitunas
TANIA: xurelos
VARIOS: sopa, polo...
IVÁN: tamén ovo cocido
PROFE: cando estamos enfermos onde hai que ir?
VARIOS: ao médico
CAROLINA: eu un día chorín porque me puxeron unha pincha
VARIOS: si e por que?
CAROLINA: porque estaba maliña
SARA: un día doiame a barriga e tiven que ir ao médico
ALEJANDRO: Borja un día tivo varicela eu quedei con papi
LORENA: eu un día estiven un pouco enferma.
CAROLINA: mami tiña un bebé e tiña cordón umbilical e puxéronlle unha tirita porque lle cortaron
PROFE: que é o cordón umbilical?
ALGUÉN: unha pulsera
CAROLINA: sale polo embigo
PROFE: e do corpo? que sabedes?
IRIA: temos nariz
ALGUÉN: temos corpo
SARA: huesos
CAROLINA: corazón
...
....
.......
Como vedes sabemos moitas cousas pero tamén temos moitas curiosidades, ideas mesturadas, e moitas cousas máis que imos a aprender!
estade atent@s.....

Comezamos un proxecto...

Onte o trasniño máxico que visita a nosa clase de cando en vez...deixounos unha carta!
Unha carta na que nos contaba a súa preocupación pola saúde. Nela cóntanos que el é moi larpeiro e que lle encantan as chucherías pero que no bosque dos trasnos onde habita dinlle que iso de comer tantas lambetadas non é bo...Nós, as tartarugas e os gatiños, estamos dispostos a axudarlle e por iso faremos unha investigación sobre o noso corpo e as enfermidades....Seguro que aprendemos moitísimas cousas e poderemos informar ao trasniño do que é bo e do que é malo para a súa saúde.

4 de octubre de 2010

O NOSO HORARIO

  • LUNS: Inglés e Psicomotricidade.
  • MARTES: Psicomotricidade, Relixión e Inglés.
  • MÉRCORES: Estimulación da linguaxe
  • XOVES: Música
  • VENRES: Inglés

As profes que nos dan estas especialidades son:

  • INGLÉS: Profe Gloria
  • PSICOMOTRICIDADE: Profe Alba
  • MÚSICA: Profe Paula
  • RELIXIÓN:Profe Mª José
  • ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE: Profe Sagrario

3 de octubre de 2010

REUNIÓN COS PAIS

Recordade que o será o martes 5 de outubro ás 17.00h. Esperámosvos, pois nela explicaremos o funcionamento do curso e responderemos a todas as vosas dúbidas!!