Hoxe na clase apareceu unha caixa máxica!! si, si! así como volo digo! Bueno, algúns xa a viron onte cando acompañaron aos papis á reunión pero desconfiamos de que fóra o trasniño máxico onte ao saír nós...
Esta caixa ten unha manga para meter a man o que nos permite tocar o que ten dentro antes de abrila e de ver o que hai dentro, e claro...todos probamos a ver que sentiamos!! todos os gatiños e todas as tartarugas meteron a man e coincidiron en que tocaban un papel, agás 1 ou 2 que tocaron tamén un libro e ata unha cuna lle pareceu sentir a Ramón!!
E efectivamente, ningún ía mal encamiñado, cando Alejandro, que era o encargado do día abriu a caixa alí estaban: un conto dos Bolechas, un póster dun esquelete, un depresor dos que teñen os médicos para ver a gorxa e unha venda!
Agora si que xa temos cousas para ir investigando...
CAMBIAMOS DE BLOG!!!!!!!!
Hace 12 años
2 comentarios:
É fantástica a idea da caixa, as caras dos nenos mostran o máxico que pode ser a aprendizaxe cando se saben empregar os recursos axeitados.
me gustan os recursos que empregas no dia a dia dunha profesión tan emocionante como o dunha mestra de infantil.
votarei man dalgunhas ideas para traballar cos nenos do meu cole.
saudiños
Gracias Ana! alégrome que che gusten e que poidas empregalos no te cole! Os blogues son unha boa maneira de ver ideas doutras compañeiras.
por certo, non me esquecín de mandarche o guión da reunión, o mércores mándocho!
un saúdo!!!
Publicar un comentario